AD

Actualidad

A liña 6A reorganízase polo peche do aeroporto ata o 27 de maio

today21 abril, 2026

Fondo
share close
AD

O peche da terminal Rosalía de Castro por obras motiva a reorganización da liña 6A do transporte urbano, que presta servizo ao aeroporto. As modificacións estarán en vigor entre o 23 de abril e o 27 de maio.

Como norma xeral, no período que duren as obras do aeroporto os autobuses da liña 6A rematarán e iniciarán o seu percorrido na parada anterior á terminal, na zona de Noval (na estrada N-634, á altura do restaurante Casa Lorenzo). Nalgunhas frecuencias, o autobús sí accederá á parada do aeroporto, co obxectivo de darlle servizo aos traballadores e traballadoras da terminal. Os horarios pódense consultar na táboa adxunta.

Atendendo á redución da demanda na liña que se prevé por mor da inexistencia de tráfico aéreo, entre o 23 de abril e o 27 de maio non serán de aplicación as restricións de acceso e baixada na liña 6A durante o percorrido, de maneira que as persoas usuarias poderán subir e baixar do autobús en calquera parada do percorrido nos dous sentidos de circulación. Unha vez recuperado o tráfico no aeroporto, volverase á situación actual na que as paradas desde a intermodal ata San Marcos, en dirección Lavacolla, serán só para recoller usuarios e usuarias, mentres que no traxecto inverso, as paradas desde San Marcos ata o Hórreo serán exclusivamente para deixar viaxeiros e viaxeiras.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *