AD

Actualidad

A XXI Padrón 10K chega este 3 de febreiro como cita clave na axenda atlética de Galicia

today10 enero, 2024

Background
share close
AD

 

 

 

  • O sábado 3 de febreiro celébrase a proba organizada polo Concello de Padrón
  • As inscricións están abertas ata as 23:59 horas do mércores 31 de xaneiro
  • Os participantes gozarán dun desafío único mentres percorren un itinerario que destaca a beleza do municipio e os seus arredores

Padrón. 10-01-2024.- A XXI Padrón 10K volverá congregar o sábado 3 de febreiro á comunidade atlética asentada xa como un dos eventos máis destacables da axenda deportiva de Galicia.
A cita, organizada polo Concello de Padrón coa colaboración da Deputación da Coruña, a Federación Galega de Atletismo e Kaiku-Protein, está aberta a todas as persoas, posúan ou non a licenza federativa. Despois da súa gran estrea no pasado ano, mantense tamén neste 2024 a competición de cinco quilómetros.

Ámbolos percorridos, o de 5 quilómetros e o de 10 quilómetros, foron coidadosamente seleccionados e homologados pola RFEA para garantir a precisión e a calidade da competición. Os participantes gozarán dun desafío atlético único mentres percorren un itinerario que destaca a beleza de Padrón e os seus arredores.

As inscricións están abertas ata as 23:59 horas do mércores 31 de xaneiro e poden realizarse en liña a través de emesports.es. Pódese solicitar máis información a través do teléfono 654 285 692 ou no correo electrónico soporte@emesports.es.

Os participantes poden facer efectiva a inscrición nunha soa carreira (5K ou 10K) cun custo de 7 euros dende a categoría sub16 a máster. Os escolares ata os 14 anos non pagan.

En total establécense trece categorías. Os pitufos (nadas/os no ano 2020 e posteriores) e prebenxamíns (nadas/os dende 2017 a 2019) serán os primeiros atletas que tomarán a saída na 10K padronesa ás 16.00 e as 16.10 horas, respectivamente, para cubrir 60 e 300 metros. Son as únicas probas non competitivas da xornada.

A partir das 16.20 será a quenda dos sub 10 (600 metros) e dos sub 12 e sub 14 (16.30 horas e 1.200 metros), que pecharán as categorías escolares.
A 5K iniciarase ás 16.45 horas coa participación dos sub 16, sub 18, sub 20, sub 23, sénior e máster. Para rematar, ás 17.30 horas daráselle a saída á 10K, na que competirán sub 20, sub 23, sénior e máster.

Tanto a liña de saída como a de meta estarán situadas no campo do Souto.

Premios e agasallos

Haberá premios en metálico para os primeiros clasificados da carreira de 10K tanto en categoría masculina como feminina (250€ para a/o primeira/o clasificada/o, 150€ para a/o segunda/o, 75€ para a/o terceira/o e 50€ para a/o cuarta/o), ademais dun premio especial dotado con 50 euros para o/a mellor corredor/a local. Tamén levarán trofeos os tres primeiros atletas de cada categoría, os tres primeiros da clasificación absoluta, o mellor corredor local, os tres primeiros equipos, o participante de máis idade que chegue a meta, o club con máis participantes e os tres primeiros das categorías sub 16, sub 18 e da 5K.

Todos os atletas da categoría escolar recibirán medallas e obsequios. A entrega de premios e trofeos levarase a cabo no Auditorio municipal a partir das 19.15 horas.

A recollida de dorsais desenvolverase o sábado da carreira no pavillón do Souto de 11.30 a 13.00 horas e a partir das 15.00 horas ata media hora antes do inicio de cada proba.

Entre outros servizos, os participantes contará con duchas, avituallamento intermedio e gardarroupa.

Dende o Concello de Padrón anímase aos entusiastas do atletismo de todas as idades e niveis a que se unan a esta experiencia única que reafirma o compromiso do goberno local co deporte.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%