AD

Actualidad

Aberto o prazo de inscrición para a Padrón 10K con prezos reducidos ata o 31 de xaneiro

today14 enero, 2025

Fondo
share close
AD

 

  • Poderase formalizar a participación ata as 23:59 horas do mércores do mércores 12 de febreiro
  • Haberá percorridos homologados de 5K e 10K para todas as idades e niveis, incluíndo a participación gratuíta para escolares
  • A carreira, que terá lugar o 15 de febreiro, inclúe premios en metálico, agasallos e recoñecementos especiais

Padrón. 14-1-2025.- Hoxe martes 14 de xaneiro comeza o prazo de inscrición para a XXII edición da Padrón 10K que se celebrará o sábado 15 de febreiro. A proba, organizada polo Concello de Padrón, contará con percorridos homologados pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA) de 5 e 10 quilómetros e incluirá categorías para todas as idades e niveis. Consolidada xa como unha das citas máis destacadas do calendario atlético galego, a carreira ofrece prezos reducidos para as inscricións realizadas ata o próximo 31 de xaneiro.

As inscricións poderán realizarse ata as 23:59 horas do mércores do mércores 12 de febreiro a través da web www.emesports.es. No caso das categorías escolares (ata Sub 14), a participación será gratuíta. Para as modalidades de 5K e 10K, que inclúen desde Sub 16 ata a categoría Máster, o custo será de 7 euros ata o 31 de xaneiro e de 9 euros a partir dese día. Pódese solicitar máis información a través do teléfono 654 285 692 ou no correo electrónico soporte@emesports.es.

En total establécense trece categorías. Os de pitufos (nadas/os no ano 2021 e posteriores) e prebenxamíns (nadas/os dende 2018 a 2020) son as únicas probas non competitivas da xornada.

Horarios e percorridos

A saída da carreira será ás 16:00 horas no Campo do Souto. As probas escolares de pitufos e prebenxamíns abrirán a xornada cun percorrido curto de 60 e 300 metros, respectivamente. As distancias para Sub 10, Sub 12 e Sub 14 estarán entre os 600 e os 1.200 metros. As probas de 5K e 10K, nas que participarán as categorías máis altas, pecharán a competición ás 16:50 e 17:40 horas, respectivamente.

Haberá premios en metálico para os primeiros clasificados da carreira de 10K tanto en categoría masculina como feminina (250€ para a/o primeira/o clasificada/o, 150€ para a/o segunda/o, 75€ para a/o terceira/o e 50€ para a/o cuarta/o), ademais dun premio especial dotado con 50 euros para o/a mellor corredor/a local. Tamén levarán trofeos os tres primeiros atletas de cada categoría, os tres primeiros da clasificación absoluta, o mellor corredor local, os tres primeiros equipos, o participante de máis idade que chegue a meta (Trofeo Supermáster), o club ou colexio con máis inscritos (Trofeo Participación) e os tres primeiros das categorías sub 16, sub 18 e da 5K.

Recollida de dorsais e servizos

A recollida de dorsais realizarase o día da proba no Pavillón do Souto (Campo do Souto) en horario de 11:30 a 13:00 horas (recomendable) e a partir das 15:00 horas ata media hora antes do inicio de cada proba. Os dorsais e o chip outorgados pola organización son persoais e intransferibles.

Todas persoas que participen terán acceso a servizos como duchas, gardarroupa e avituallamento.

Dende o Concello animamos á cidadanía a unirse a esta cita que reafirma o compromiso local coa promoción do deporte e os hábitos de vida saudables ao tempo que ofrece un percorrido deseñado para ofrecer unha experiencia atlética e visual única a través das paisaxes máis emblemáticas de Padrón.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *