Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today8 septiembre, 2026
Na categoría absoluta están inscritos 248 atletas (146 homes e 102 mulleres), mentres que na categoría máster hai inscritos 144 atletas. Cómpre destacar a participación dun atleta de 83 anos na categoría máster. Esta cifra de 392 atletas increméntase en 155 persoas máis, correspondente a oficiais e acompañantes, co cal 547 persoas van a participar neste campionato do mundo
Neste campionato tamén hai récord de participación con equipos de máis de 40 países diferentes. Van a participar equipos de 43 países (2 de África, 5 de América, 7 de Asia, 2 de Oceanía e 27 de Europa). Cómpre destacar a participación do atleta lituano, Aleksandr Sorokin, que dispón do récord mundial, polo que cabe a posibilidade que nesta proba haxa algún récord mundial ou a novel continental
Ames, 8 de setembro de 2026.- O Concello de Ames acollerá o próximo 20 de setembro de 2026 o XXXIII Campionato do Mundo IAU de 100 quilómetros, a proba máis relevante do atletismo internacional de ultrafondo, que se celebra desde 1987. A designación, anunciada oficialmente pola International Association of Ultrarunners (IAU) e organizada polo Club Ecodeporte co respaldo da Real Federación Española de Atletismo (RFEA), converterá o concello de Ames nun escaparate internacional de primeiro nivel, cunha proxección mediática sen precedentes e un impacto económico e turístico significativo para toda a comarca. O Concello de Ames conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Deportes, do Xacobeo 2027, e da Deputación da Coruña.
Esta mañá o salón de plenos da Casa do Concello acolleu a presentación do XXXIII Campionato do Mundo IAU de 100 quilómetros, que se vai a celebrar os días 19 e 20 de setembro, no concello de Ames. En dita presentación participaron o alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Deportes, Susana Señorís; o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Roberto García; o comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez; o deputado provincial de Deportes, Antonio Leira; o coordinador do campionato, Francisco Rico; o presidente da Federación Galega de Atletismo e representante da RFEA, Iván Sanmartín; a secretaria de organización do campionato, Maribel Montes; e o técnico municipal de Deportes, Alberto Viaño.
O alcalde de Ames, Blas García, dixo “que a celebración deste campionato en Ames vén a ratificar a aposta e fomento do deporte que se fai desde o Concello de Ames, sobre todo no deporte de base, que é o máis importante. O circuíto no que se vai a disputar este campionato do mundo é un lugar polo que corren centos de persoas ao longo do ano, polo que isto pon en valor este circuíto”. Ademais, Blas García destacou que “este evento servirá para a promoción económica e turística de Ames. Gustaríame que a veciñanza de Ames se implique e participe neste campionato porque vai ser difícil poder acoller outro campionato do mundo nos próximos anos. A cerimonia de inauguración vai a ser un acto festivo no que imos a ter música de grupos locais como Maianas e Glasgow 15, para dar a coñecer a nosa cultura entre todos os países participantes”.
O secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Roberto García, destacou que “o deporte galego está a un nivel moi alto, xa non só por resultados, senón pola grande actividade das federacións e dos clubs. Durante o ano 2025 chegamos a case 30.000 licenzas. O pedestrismo galego ten un oco moi importante no deporte galego, empezando dende a base co programa Xogade ata a mesma elite. No mes de setembro imos ter diversos campionatos de primeiro nivel, reforzando a aposta polo deporte de elite como ferramenta de recoñecemento a Galicia fóra das nosas fronteiras. Consideramos que os eventos deportivos teñen un impacto social, económico e deportivo moi importante”.
Francisco Rico, coordinador do campionato, explicou que “o campionato vaise a celebrar nun circuíto que foi homologado o pasado 16 de agosto e ao que os participantes terán que dar un total de 20 voltas. Participará o atleta lituano, Aleksandr Sorokin, que dispón do récord mundial, polo que cabe a posibilidade que nesta proba haxa algún récord mundial ou a nivel continental. O percorrido está perfectamente homologado e sinalizado”. Ademais destacou o récord de participación neste campionato do mundo. “Nunca participaron equipos de máis de 40 países diferentes neste campionato de 100 km”.
A concelleira de Deportes, Susana Señorís, dixo que “esta proba pon ao concello de Ames no mundo. Virán deportistas de moitos países e encherán o concello non só de deporte, senón tamén de riqueza cultural. Eventos desta relevancia e magnitude demostran a capacidade que ten Ames para acoller eventos deportivos. Desexamos aos deportistas que gocen da proba, que gocen do noso concello e que saiban da riqueza de Ames tanto a nivel cultural como natural”.
O deputado provincial de Deportes, Antonio Leira, incidiu en que “a provincia da Coruña quixo dar un paso adiante na aposta polo deporte e esta proba é o fiel reflexo. Quero poñer en valor esta aposta que fai o Concello de Ames, neste caso nacida da figura do alcalde e da concelleira de Deportes, e por suposto de toda a Corporación municipal, porque realmente é unha aposta valente e decidida dun Concello que xa ten o seu espazo dentro do mundo do deporte, sendo un referente na nosa provincia. Este vai ser un circuíto moi atractivo do que, de seguro, os corredores e a veciñanza van gozar. Os afeccionados e afeccionadas vanse converter no mellor avituallamento dos corredores grazas aos seus ánimos”.
O presidente da Federación Galega de Atletismo e representante da RFEA, Iván Sanmartín, dixo que “plasmar o nivel do deporte non só é o que vemos día a día, con todos eses rapaces que saen ás rúas a adestrar, a competir…, senón todo o traballo que leva detrás, ascendendo ata as case 11.000 licenzas en atletismo. Encántame poder ver hoxe aquí reunidas á Deputación da Coruña, ao Concello de Ames, á Xunta de Galicia, e á IAU, que fan posible que un concello como o de Ames sexa o escenario dun campionato do mundo destas características. Quero agradecerlle ao Concello de Ames o atrevemento e o valor de impulsar un campionato do mundo no que participan equipos de 43 países. O 19 e o 20 de setembro Ames vai ser o epicentro do atletismo español”.
Récord de participación
Está previsto que o xoves 17 e o venres 18 de setembro cheguen as diferentes delegacións. O campionato que se vai celebrar en Ames conta cunha participación récord de 392 atletas. Na categoría absoluta están inscritos 248 atletas (146 homes e 102 mulleres), mentres que na categoría máster hai inscritos 144 atletas. Cómpre destacar a participación dun atleta de 83 anos na categoría máster. Esta cifra de 392 atletas increméntase en 155 persoas máis, correspondente a oficiais e acompañantes, co cal 547 persoas van a participar neste campionato do mundo.
Neste campionato tamén hai récord de participación con equipos de máis de 40 países diferentes. Van a participar equipos de 43 países (2 de África, 5 de América, 7 de Asia, 2 de Oceanía e 27 de Europa). Cómpre destacar a participación do atleta lituano, Aleksandr Sorokin, que dispón do récord mundial, polo que cabe a posibilidade que nesta proba haxa algún récord mundial ou a novel continental.
Cerimonia de inauguración
O venres 18 de setembro, ás 18.30 horas, vaise celebrar a conferencia médica “A psicoloxía do rendemento en probas de ultra resistencia”, no salón Xacobeo do Albergue do Monte do Gozo.
O sábado, 19 de setembro, ás 16.30h celebrarse a inauguración do campionato cun desfile de bandeiras dos diferentes países que participan no campionato, desde a praza do Concello ata o parque do Ameneiral. Cómpre destacar que os nenos e nenas dos clubs de atletismo de Ames (MillaRaio e Ames Atletismo) serán os encargados de levar as bandeiras. A continuación, ás 17.00h no parque do Ameneiral, celebrarse a cerimonia de inauguración. En caso de choiva dita cerimonia farase no pavillón polideportivo de Bertamiráns.
Durante a cerimonia de inauguración actuarán dous grupos locais de música como son a agrupación de cantareiras Maianas, formado en Ames no 2007, e que foron distinguidas coa medalla do Concello de Ames durante o acto do Día de Galicia celebrado no pasado mes de xullo; e mailo grupo Glasgow 15, unha banda de covers que amosará un repertorio variado de versións musicais de múltiples xéneros. A banda está formada por Lucía e Diego ás guitarras; Rafael, baixista; Ramón na batería; e María como vocalista.
Horarios do campionato
O domingo, 20 de setembro, ás 8.30 horas, darase a saída do Campionato do Mundo de 100 Km, na rúa Alcalde Lorenzo, nas categorías absoluta e máster. A competición pecharase as 20.00 horas co peche da liña de meta. Haberá 11.30h para completar os 100 quilómetros. Os/as atletas terán que dar un total de 20 voltas a un circuíto con saída e chagada na rúa Alcalde Lorenzo, en Bertamiráns, e que discorrerá polas Punxeiras Baixas, As Cortes, rúa do Agro do Muíño, polo camiño de Sisalde que pasa xunto á ETAP, e pola ponte da Condomiña.
A primeira volta conta cunha distancia de 4.985,29 metros e as 19 voltas restantes contan cunha distancia 4.990 metros. O circuíto estará pechado ao tráfico, con excepción de vehículos de emerxencia e da organización. Está previsto que os primeiros atletas completen o percorrido entre 6.15h e 6.30 horas. Ao ser un campionato absoluto e de veteranos, os tres primeiros de cada categoría masculina e feminina, faráselle unha entrega dun ramo de flores na propia liña de meta.
O acto de entrega de premios oficial farase a partir das 20.30h no parque do Ameneiral. Neste caso, ao igual que coa cerimonia de inauguración, en caso de choiva, o acto celebrarase no pavillón polideportivo de Bertamiráns.
Equipo español
O equipo masculino defenderá o subcampionato mundial logrado en Bangalore (India) en 2024, onde España asinou unha actuación histórica. Tres dos integrantes daquel equipo repiten convocatoria coa ilusión de volver a situar a España entre as grandes potencias do ultrafondo mundial. Este equipo está formado por Antonio Jesús Aguilar, Félix Pont, Carlos Gazapo, Marco Álvarez e Jesús Rafael González.
O equipo feminino estará formado por catro atletas, igualando a segunda participación máis numerosa da historia tras a de 2018, e estará encabezado pola actual campioa de España e plusmarquista nacional, Gemma Arenas, que estará acompañada de María Romero, Carmen María Pérez e Estefanía Unzu.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)