AD

Actualidad

Adíase o desfile de Entroido de Ames para o domingo 25 de febreiro

today9 febrero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

O Concello de Ames ten preparado un amplo abano de actividades para o fin de semana de Entroido, que comezan hoxe venres 9 e rematan o martes 12 de febreiro. O concurso e desfile de Entroido, programado para este domingo 11 de febreiro, adíase ao domingo 25 de febreiro por causas meteorolóxicas

Porén, mantéñense o resto de actividades: Entroido do programa Amessan, festival da EMMA, festa de Entroido do sábado 10, festa e concurso infantil de disfraces e festa dos maiores

Ames, 9 de febreiro de 2024.- O Concello de Ames ten preparado un amplo abano de actividades para o fin de semana de Entroido, que comezan hoxe venres 9 e rematan o martes 12 de febreiro. O concurso e desfile de Entroido, programado para este domingo 11 de febreiro, adíase ao domingo 25 de febreiro por causas meteorolóxicas. Porén, mantéñense o resto de actividades: Entroido do programa Amessan, festival da EMMA, festa de Entroido do sábado 10, festa e concurso infantil de disfraces e festa dos maiores.

A programación “Entroido Ames 2024”, organizada en colaboración coa asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), vaise desenvolver durante o mes de febreiro. A programación comeza hoxe, venres 9 de febreiro, coa festa de Entroido do programa Amessan, que se vai realizar ás 17.00 horas na Casa dos Maiores de Bertamiráns. De seguido, ás 20.00 horas, celebrarase o festival de Entroido da EMMA na Casa da Cultura de Bertamiráns. Previamente, o mércores 7 de febreiro xa se realizou o concerto miúdo de Entroido da EMMA.

Para o sábado, 10 de febreiro, está prevista a festa de Entroido na praza de Chavián a partir das 17.30 horas. Haberá unha exhibición de baile a cargo do Club deportivo de baile Danzaya. Tamén actuarán os coros do programa Amessan: Elelas e Voces da Maía; e maila charanga tributo Carlinhos Brown.

Festa e concurso infantil de disfraces

O luns 12 de febreiro farase a festa e concurso infantil de disfraces. Será na praza de Chavián a partir das 17.00 horas. Contarase coa actuación do grupo Pesdelán e o seu espectáculo Entroidanzas. Ademais, haberá música, un obradoiro de maquillaxes, etc.

No concurso participan tres grupos (un de 5 integrantes, e dous de 3) e outros disfraces individuais. Tamén haberá posibilidade de inscribirse de xeito presencial na praza de Chavián o propio día 12, de 15:30 a 16:30 horas. Os/as participantes deberán presentarse na praza de Chavián entre as 16:00 e as 16:30 horas.

O xurado estará composto por tres membros designados pola Xuntanza de Empresarios de Ames e valorará os diferentes disfraces conforme á creatividade, á caracterización á orixinalidade, o traballo requirido na elaboración dos disfraces, é dicir se son elaborados total ou parcialmente polos participantes, a utilización de materiais empregados respectuosos co medio ambiente.

Establécense dúas categorías segundo o número de participantes: individual: de 1 ou 2 persoas ata 12 anos cumpridos; e grupos: máis de 3 persoas ata 12 anos cumpridos. Na categoría individual haberá tres premios: 75€ para o primeiro, 50€ para o segundo e 25€ para o terceiro. Na categoría de grupos os importes dos premios son 250 para o primeiro, 150€ para o segundo e 75 para o terceiro.

Concurso e desfile de Entroido

O concurso e desfile de Entroido, programado inicialmente para o domingo 11 de febreiro, adíanse por causas meteorolóxicas e celebraranse o vindeiro domingo, 25 de febreiro. Dito desfile partirá ás 17.00 horas dende a Casa da Cultura do Milladoiro e rematará na praza de Manuel Murguía. O desfile rematará cunha actuación musical a cargo de Fanfarria Takicardia e co entrega de premios do concurso de disfraces.

No concurso e desfile de Entroido está previsto que participen tres comparsas grandes: unha con 136 persoas, outra con 37, e unha terceira con 17. Tamén haberá tres grupos pequenos e 7 disfraces individuais. Ademais, poderanse tramitar inscricións de forma presencial na Casa da Cultura do Milladoiro o propio domingo 25 de febreiro, de 15:30 a 16:30 horas.

Os/as participantes deberán presentarse na Casa da Cultura do Milladoiro o domingo 25 de febreiro, entre as 16:00 e as 16:30 horas. O xurado estará composto por tres membros designados pola Xuntanza de Empresarios de Ames e valorará os diferentes disfraces conforme á creatividade, á caracterización e á orixinalidade.

A saída farase ás 17.00 horas desde o aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro, e percorrerán as rúas do Milladoiro durante unha hora. Ás 18.00 horas terá lugar a entrega de premios na praza de Manuel Murguía. O desfile estará amenizado por Fanfarria Taquikardia.

Establécense tres categorías segundo o número de participantes: individual (de 1 ou 2 persoas); grupos pequenos (de 3 a 10 persoas); e grupos grandes (máis de 10 persoas). Na categoría individual outorgaranse tres premios: 100 € para o primeiro premio, 75€ para o segundo; e 50 para o terceiro. Na categoría de grupos pequenos os premios serán de 300€ para o primeiro, 200 para o segundo, e 100€ para o terceiro. Na categoría de grupos grandes entregaranse tamén tres premios: 500€ para o primeiro premio, 300 para o segundo e 150€ para o terceiro.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%