Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today5 octubre, 2024
O vindeiro mércores, 9 de outubro, ás 19:30 horas, a Libraría Couceiro de Santiago de Compostela acollerá a presentación de “Indolente”, a nova novela do xornalista e escritor Alberto Mancebo. Esta obra, que lle valeu o XXX Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta, promete cautivar os lectores cunha historia intensa e desacougante que transcorre nas aforas de Santiago e no barrio das Fontiñas.
“Indolente” sitúanos no ano 2041, nun mundo afectado por unha gran tormenta xeomagnética causada por unha erupción solar. Este fenómeno provoca espectaculares auroras boreais e fallos xeneralizados nos sistemas de comunicación e subministración eléctrica. A trama segue a Nora, quen debe enfrontarse a esta situación límite mentres tenta chegar a Santiago coa súa familia.
O xurado do Premio Manuel Lueiro Rey destacou a capacidade de Mancebo para crear “unha poderosa e inquietante narración cunha atmosfera hipnótica e abafante”, que nos enfronta a dilemas sobre a solidariedade e a supervivencia individual nun contexto de ameazas climáticas.
A presentación contará coa presenza do autor, pero tamén coa meteroróloga Bea Hervella que se encargará que poñer en contexto que significa unha tormenta xeomagnética e ata que punto o que se narra en “Indolente” pode chegar a suceder. Precisamente, estes días, a actividade solar sitúase en picos extraordinarios que poden producir auroras boreais en lugares pouco habituais como xa sucedeu a primavera pasada.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)