AD

Actualidad

O alcalde de Ames súmase ás mostras de apoio aos «valentes» edís socialistas en Santiago

today26 junio, 2024

Fondo
share close
AD

O alcalde do Concello de Ames, Blas García e outro dos dirixentes socialistas que veñen de manifestar públicamente o seu apoio e recoñecemento ao grupo municipal socialista de Santiago de Compostela, que o pasado luns votou a favor da ordenanza para regular as vivendas de uso turístico (VUT), desafiando así a imposición da executiva local do partido. Unha mensaxe de apoio aos seis edis socialistas en Raxoi ao que tamén se suma o alcalde do Concello de Padrón, Anxo Arca.

Nunha entrevista este mércores en Radio Líder Santiago, Blas García asegurou que os e as edís socialistas foron «coherentes e responsables», pero sobre todo «valentes». O rexedor destacou que non se lle pode pedir a ninguén que vote en contra de algo polo que loitou e defendeu meses atrás xa que, estes concelleiros e concelleiras foron, xunto a Xosé Sánchez Bugallo, os que promoveron a primeira modificacion do Plan Xeral para reorganizar as VUT.

García asegura que participa neste debate por dous motivos. O primeiro por ser o alcalde limítrofe con Santiago, o concello máis grande da comarca onde goberna o PSOE e o segundo máis grande da provincia da Coruña. O segundo é que todo o que pasa en Santiago afecta directamente aos veiños e veciñas de Ames. E engade que non deixa de ser un tema que afecta ao conxunto de Galicia por tratarse dunha polémica que xorde na capital do país.

O alcalde critica a actitude tomada por Aitor Bouza, Secretario Xeral dos Socialistas en Santiago xa que «o ordeno e mando non entra dentro da política socialista». Pide «cordura e dialogo» para que a executiva local e grupo municipal «poidan sentarse e falar» xa que «nunca se sacou nada positivo cando empezan a aflorar as palabras expediente ou Estatuto», sentencia. «Cando alguén ten que impoñer algo pola forza non é a forma máis atinada de lograr éxitos», e finalizou a súa intervención na radio local de Santiago e comarca coa seguinte reflexión; «se o que se votaba non era tan importante como se dixo, por votar un formulario merece a pena todo o que veu detrás».

A entrevista completa no seguinte enlace.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%