AD

Actualidad

Alerta laranxa por temporal costeiro este mércores nas provincias da Coruña e Pontevedra

today16 enero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2024.- A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta acaba de activar a alerta laranxa para mañá mércores por temporal costeiro nos litorais das provincias da Coruña e de Pontevedra.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso estará activo desde a tarde por vento do suroeste de forza 7 que pode chegar ocasionalmente a forza 8 no noroeste e oeste da Coruña. Haberá tamén mar combinada do suroeste con ondas de ata 6 metros.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%