AD

Actualidad

Ames investirá máis de 1 millón de euros para cubrir as pistas polideportivas do Milladoiro

today6 noviembre, 2026

Fondo
share close
AD

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar este pasado xoves, 5 de novembro, o expediente de licitación, para a contratación das obras de instalación de cuberta nas pistas polideportivas do Milladoiro, situadas na travesía do Porto, na contorna da Casa da Cultura e do pavillón polideportivo. O proxecto conta cun presuposto total total de execución por contrata de 1.113.382,77 euros (IVE incluído). Este proxecto ten por obxecto a cubrición de dúas pistas polideportivas existentes no Milladoiro, mellorando así a súa funcionalidade, adaptándoas ás necesidades dos usuarios en función das diferentes condicións meteorolóxicas. A solución adoptada para a cubrición das pistas polideportivas consta dunha estrutura metálica constituída por pórticos xerados a base de piares e cercha de perfís tubulares.

As instalacións deportivas do Milladoiro van contar cunha nova mellora nos vindeiros meses. Trátase de ampliar o uso das pistas polideportivas do Milladoiro, que están situadas na Travesía do Porto, ao carón da Casa da Cultura e do pavillón polideportivo. Esta actuación permitirá un maior aproveitamento destas instalacións e mellorar as súas  condicións de uso. O obxectivo é que poidan ser empregadas polos clubs deportivos, Escolas deportivas municipais e pola veciñanza en xeral.

O alcalde de Ames, Blas García, destaca o maior aproveitamento que se poderá facer destas instalacións deportivas. “Con esta actuación ampliamos a capacidade de uso deportivo dunha área destinada tamén a lugar de encontro da mocidade. Coa cuberta destas pistas pretendemos reducir esa dependencia das condicións meteorolóxicas e facilitar que clubs, Escolas deportivas municipais e persoas usuarias poidan organizar a súa actividade durante máis días do ano”.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, explica que “moitas actividades que se poden practicar ao aire libre vense afectadas a miúdo pola nosa climatoloxía, polo que con esta cuberta e a mellora no alumeado o seu uso vai ser moito máis elevado, tendo en conta ademais a cantidade de propostas deportivas e lúdicas que organizamos dende o Concello. A través desta actuación ampliaranse os espazos deportivos, algo moi necesarios debido á alta demanda que hai de espazos polos clubs deportivos municipais e para acoller actividades das Escolas deportivas municipais”.

Susana Señorís engade que “ademais do uso deportivo, as pistas cubertas poderán acoller propostas de lecer para a mocidade, encontros e outras actividades municipais. A proximidade á Casa da Cultura, ao pavillón e ás piscinas permite reforzar esta contorna como área deportiva e lugar de encontro para persoas de distintas idades”.

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a licitación de dito proxecto que conta cun presuposto total total de execución por contrata de 1.113.382,77 euros (IVE incluído). Dito importe divídese en dúas anualidades: 371.127,59 euros para 2026 e 742.255,18 euros para 2027.

Na actualidade, as pistas polideportivas do Milladoiro están descubertas e delimitadas por un muro e vallas. O recinto, situado na zona da Casa da Cultura e do pavillón polideportivo, está formado por dúas superficies de 40×19 metros e unha zona de gradas intermedia, que suman preto de 2.300 metros cadrados. A través esta actuación estas pistas pasarán a estar cubertas e protexidas da chuvia e do sol, o que permite un maior aproveitamento deportivo ao longo de todo o ano. Ao mesmo tempo permitirá dispor dun novo espazo cuberto para a mocidade e a convivencia veciñal.

O feito de contar cunhas pistas xa construídas fará que se opte por instalar a estrutura vertical da cuberta no perímetro exterior e nos extremos da zona das gradas que as separan, co fin de manter o pavimento actual. A solución adoptada para a cubrición das pistas polideportivas consta dunha estrutura metálica constituída por pórticos xerados a base de piares e cercha de perfís tubulares.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *