Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today6 noviembre, 2026
OConcello de Boiro proxecta rehabilitar o terceiro bloque das antigas vivendas dos mestres de Praia Xardín para convertelo nun centro de encontro, estudo e lecer para a mocidade. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Política Social, Raúl Treus, presentaron a proposta, que prevé renovar tanto o interior como o exterior do inmoble.
O proxecto responde á falta de espazos adaptados aos intereses da rapazada de entre 13 e 17 anos, segundo explicou o alcalde. O edificio, de tres plantas, contará cun rocódromo, unha sala de xogos con zona de billar, aulas de estudo, salas para traballos en grupo, unha sala de cine e zonas de descanso. A rehabilitación executarase por fases e ten un orzamento total de 1.238.574,19 euros.
O centro xuvenil completaría a recuperación das antigas vivendas dos mestres para usos públicos e sociais. Nun dos bloques, a Asociación Galega de Axuda aos Enfermos de Alzheimer prevé abrir un centro de día e apartamentos de respiro familiar a través do proxecto Agadea Hábitar. No segundo, Ambar está a habilitar vivendas tuteladas para persoas con discapacidade.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)