Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today4 enero, 2024
Ames, 4 de xaneiro de 2024.- O vindeiro domingo, 7 de xaneiro, remata o prazo para mercar os bonos culturais da programación de cultura de Ames para a primeira metade de ano. Os 40 bonos que a Concellería de Cultura puxo a disposición da veciñanza, cun prezo de 25 euros, permiten acceder aos dez espectáculos programadas para o público adulto cun desconto do 50% sobre o importe total das entradas. O trámite realizase en poucos minutos a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames . Pola súa banda, as entradas individuais estarán dispoñibles a partir do luns 8 de xaneiro. Desde a Concellaría de Cultura anímase á veciñanza a que regale cultura este Nadal a través de
ditos bonos.
Os bonos culturais retíranse a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames en apenas seis pasos . En primeiro lugar, cómpre estar rexistrado na Billeteira e acceder ao panel interno. Dende alí, e a través do menú lateral esquerdo, haberá que seleccionar a opción “Compra de bonos”. A través desta opción, indicaranse o número de bonos a retirar e as butacas que quedarán reservadas para os dez espectáculos, que serán sempre as mesmas, tanto para as funcións no auditorio do Milladoiro como no de Bertamiráns. Unha vez realizado o pago, recibirase a entrada de bono vía correo electrónico, que poderá empregarse para asistir aos dez eventos que inclúe.
A programación orientada ao público adulto conta cun total de dez espectáculos. A oferta inclúe tanto danza como teatro de distintos xéneros e temáticas. Entre todos eles destacan a comedia e o drama, con tres espectáculos de cada xénero, así como unha obra de teatro contemporáneo. Dentro da danza, ofértanse dous espectáculos: un contemporáneo e outro de carácter máis tradicional. As funcións, que se representarán entre xaneiro e maio, están distribuídas de maneira equitativa entre os auditorios das Casas da Cultura do Milladoiro e de Bertamiráns. Pódese programación cultural completa premendo nesta ligazón . Estas programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.
Entradas individuais dispoñibles a partir do 8 de xaneiro
Pola súa banda, as entradas poderán adquirirse unha vez remate a venda de bonos, a partir do luns 8 de xaneiro, na Billeteira electrónica do Concello ou nas Casas da Cultura de Bertamiráns ou O Milladoiro unha hora antes do comezo dos espectáculos. Haberá prezo reducido do 50% do custo ordinario para estudantado con carné de estudante, as persoas maiores de 60 anos, a rapazada menor de 12 anos, as familias numerosas, a mocidade co carné xove e as persoas demandantes de emprego.
Primeira obra: “Unha inimiga do pobo”
Dentro da programación para público adulto, ofrécense oito espectáculos de teatro e dous de danza. O primeiro deles, unha obra dramática titulada “Unha inimiga do pobo”,
representarase o 19 de xaneiro ás 20:30 horas na Casa da Cultura do Milladoiro, da man de Talía Teatro. Trátase dunha adaptación da obra homónima de Henrik Ibsen, na que se denuncia a política que antepón os beneficios económicos sobre a saúde da poboación, ao tempo que invita a reflexionar sobre o papel dos medios de comunicación á hora de moldear a opinión pública.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)