Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Dodro, 21 de novembro do 2023.- O concello de Dodro programa para este sábado unha serie de actividades para conmemorar o 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Unha xornada de tarde que se celebrará no Pavillón polideportivo pero que comezara cunha andaina dobre, a partir das catro da tarde, desde Lestrobe e Bexo. Un percorrido que servirá para compartir ideas, conversar en torno a data que se conmemora e visibilizar a loita da sociedade para erradicar a violencia de xénero.
Coa chegada ao pavillón de todos os participantes na andaina comeza o espectáculo familiar “Dende a maxia pola igualdade”. A maga Leo Leíño fala por medio dos seus trucos de igualdade, bullyng, xenofobia… grazas a maxia Leo consegue que de cousas malas salgan cousas boas. Un espectáculo que leva a ilusión e a sorpresa a toda a familia que desfruta ao longo dunha hora ao mesmo tempo que reflexiona sobre o díaque se conmemora.
Xa a partir das seis unha merenda solidaria na que participaremos todos. Un momento que quere ser un espazo de encontro, sensibilización, concienciación e solidariedade en contra da violencia contra as mulleres e nenas. Así como de apoio a todos os membros da sociedade que se convertan en activistas e defensores dos dereitos das mulleres.
Por outra banda, e como forma de apoio a todos os movementos feministas e sociais, defensores dos dereitos das mulleres e nenas, poderase realizar un donativo que será destinado a unha asociación de mulleres que reflicta ditos valores e que traballa en prol dos dereitos das mulleres.
As inscricións no Departamento de Servizos Sociais, no 981802466 e no correo servizossociais@dodro.gal. O concello de Dodro convida a toda a veciñanza a participar en esta xornada tan especial e importante.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)