Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Dodro, 29 de novembro do 2023.- A ANPA do CPI de Dodro organiza este sábado un curso de cociña siria na escola Abuín de Tembra, antiga escola de Imo, de 11.30 a 13.30. O prezo do curso é de 10 euros para socios e 15 para o resto. O número de prazas é limitado e para inscribirse hai que chamar ao teléfono 644784748.
O curso será impartido por Hiba Makiyah, unha das nais do colexio que vive en Dodro desde hai dous anos. Hiba chegou ao municipio grazas a un programa impulsado desde o concello para acoller a familias con fillos e recuperar poboación no rural.
Tras un periplo que a levou desde Alxeria ata Vigo, Hiba acabou recalando en Dodro onde vive co seu marido e o seu fillo. Aínda que traballa no Servizo de Atención no Fogar ela ten estudos de odontoloxía pero a convalidación do título é cara e supón un proceso moi complicado ao estar expedido en árabe.
Hiba cociñaba de cando en vez pratos típicos do seu país que daba a probar a amigos e veciños. Foi o alcalde de Dodro, Xabier Castro, o que a animou a impartir un curso. Hiba explica que por ser a primeira vez quería facer pratos que “foran fáciles de preparar, riquísimos e que non foran moi raros para a xente”.
Con esa intención ensinara a preparar humus, falafel, un tipo de ensalada chamada tabule e para rematar unha sobremesa denominada brabimita que leva coco, leite condensada e pistacho. Todo un repertorio saudable e interesante con sabores novos para os que acudan a este curso.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)