Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today11 julio, 2024
O alcalde de Ames, Blas García, explica que “esta obra vén a dar resposta a unha petición histórica dos veciños e veciñas de Covas, que é a de conectar de xeito peonil esta parroquia con Bertamiráns. Damos así un paso importante, tamén, que é seguir creando novas sendas que comuniquen o rural e melloren a seguridade viaria”
O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, sinala que “a execución das obras desta senda garantirán que a veciñanza conte cunha alternativa de desprazamento a pé entre Covas e Bertamiráns que sexa accesible. Ademais da pavimentación da zona, vanse levar a cabo traballos de reposición do alumeado público e a sinalización do itinerario. Trátase dunha aposta do Concello pola seguridade peonil”
Ames, 11 de xullo de 2024.- As obras de construción da senda de Covas a Bertamiráns están en fase de execución despois de que fosen adxudicadas á empresa Adecon Obras y Servicios SL por un importe de 131.732,70 euros. Deste xeito, ditas localidades quedarán unidas a través dunha senda peonil que lle permitirá á veciñanza desprazarse a pé de xeito seguro. O proxecto, que forma parte do Plan Ames Progresa 2021-2023, contempla a execución dun itinerario de 480 metros de lonxitude en pavimento de formigón. As actuacións completaranse co retranqueo e a reposición de oito postes cara o exterior da senda e a execución e sinalización horizontal e vertical da vía.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, avanza na execución de novas sendas peonís. Neste caso está en fase de construción unha nova senda que unirá a parroquia de Covas co núcleo urbano de Bertamiráns. Previamente, a Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación do proxecto á empresa Adecon Obras y Servicios SL por un importe de 131.732,70 euros.
O alcalde de Ames, Blas García, explica que “esta obra vén a dar resposta a unha petición histórica dos veciños e veciñas de Covas, que é a de conectar de xeito peonil esta parroquia con Bertamiráns. Damos así un paso importante, tamén, que é seguir creando novas sendas que comuniquen o rural e melloren a seguridade viaria”.
O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, sinala que “a execución das obras desta senda garantirán que a veciñanza conte cunha alternativa de desprazamento a pé entre Covas e Bertamiráns que sexa accesible. Ademais da pavimentación da zona, vanse levar a cabo traballos de reposición do alumeado público e a sinalización do itinerario. Trátase dunha aposta do Concello pola seguridade peonil”.
Execución do proxecto
Este proxecto ten o obxecto de construír un itinerario peonil que lle permitirá á veciñanza desenvolver os seus desprazamentos en condicións óptimas de seguridade e accesibilidade. Con ese fin, estase executando unha senda peonil duns 480 metros de lonxitude e 1,80 metros de ancho en pavimento de formigón coloreado con mallazo de 12 centímetros de espesor sobre 20 centímetros de zahorra. A senda discorrerá pola marxe dereita, agás o treito inicial ata a ponte, que se disporá pola esquerda, dende a beirarrúa existente.
A continuidade do itinerario peonil sobre o Rego dos Pasos levarase a cabo mediante un pórtico de formigón armado, de 7 metros de lonxitude, 2,50 metros de ancho e 2,50 metros de altura, anexo á estrutura existente pola marxe dereita.
Por outra banda, a diferencia de cotas entre a estrada e os terreos contiguos salvarase coa execución dun muro de contención de pedra granítica, de 135 metros de lonxitude. Sobre o muro disporase dunha varanda metálica para a protección dos peóns. No resto da senda disporase un bordo de delimitación na súa aresta exterior.
Para a recollida de augas pluviais contémplase unha canalización soterrada de 400 milímetros de diámetro, arquetas con sumidoiro e arquetas para colector con reixa nos cruzamentos da rede. Tamén se disporá canalización de alumeado público, mediante tubo de PVC e arquetas prefabricadas. As actuacións completaranse co retranqueo e a reposición de oito postes cara o exterior da senda e a execución e sinalización horizontal e vertical da vía.
Written by: Líder Redacción
ames bertamirans covas obras radio lider santiago senda peionil
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)