Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
A Baña. 16-01-2024. Tralo éxito da primeira edición disputada o pasado mes de novembro coa participación de 27 parellas, as pistas do pavillón de Lañas acollerán os días 27 e 28 de xaneiro a segunda edición do Torneo de Pádel Concello da Baña.
Na competición, dirixida principalmente a xogadores amateurs, poderán participar todas as persoas maiores de 14 anos apuntándose por parellas.
O prazo de inscrición remata o mércores 24 de xaneiro ás 23:59 horas. O custo xeral da inscrición é de 5 euros por cada xogador que forma a parella, pero no caso de que unha persoa participe en dúas categorías diferentes pagará só 8 euros polas dúas inscricións. As inscricións poderán facerse nos teléfonos 633 499 635 (Dani) e 669 368 413 (departamento de Deportes do Concello da Baña).
O II Torneo de Pádel da Baña mantén en oito o número de categorías neste 2024: iniciación masculina e feminina; 2ª masculina, feminina e mixta; e 3ª masculina, feminina e mixta). Cada unha delas debe contar cun mínimo de oito parellas inscritas para poder formar grupo. En cada categoría existirá un cadro principal e un cadro de consolación.
Todos os participantes recibirán obsequios de benvida. Tamén levarán premio, consistente en trofeo máis material deportivo, as persoas finalistas de cada categoría.
A organización publicará os cadros de xogo e os horarios na web municipal (www.concellodabana.gal) e nas oficinas do Concello o xoves 25 de xaneiro. No caso de que algunha parella non poida xogar na hora asignada, deberá dalo a coñecer para que se poidan facer as correspondentes modificacións sempre que sexa posible.
As bases de participación poden consultarse na páxina web do Concello da Baña nesta ligazón.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)