AD

Actualidad

Bioflytech inicia en Palas de Rei a producción de fariñas a partir de insectos

today10 abril, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

Despois de algo máis dun ano de obras e unha inversión de 22 millóns de euros, a planta de Bioflytech arrancou a súa produción de fariñas e graxas a partir de larva seca de mosca soldado negra nas súas instalacións asentadas en Palas de Rei.

Nesta primeira fase, supón a xeración de máis de 50 empregos directos e uns 75 indirectos

A compañía iniciou a súa actividade tras converterse na primeira empresa española deste innovador sector en obter a autorización para a produción, transformación e comercialización deste tipo de productos.

A larva seca de mosca soldado negra coa que están poñendo a punto as liñas de renderizado e producindo os primeiros lotes de fariñas e graxas procede doutra planta que a empresa ten en Fuente Álamo, en Murcia. Tal como avanza Jesus Rodríguez Pallares, Ceo da empresa fial coa que o grupo opera en Galicia (Afaprogal) “as instalacións da empresa en Palas de Rei comenzarán a producir as súas propias larvas de mosca soldado negra dentro dunhas tres semanas”.

Comenzan así o funcionamento destas novas instalacións no monte da A Bragaña, en Palas de Rei, logo de obter autorización para a elaboración de produtos, que se encontran dirixidos á alimentación animal, principalmente a piensos de mascotas e para aos sectores da acuicultura e avícola…, pero tamén as industrias farmacéuticas e cosméticas, mentras que o compost é utilizado como fertilizante. Estos primeiros lotes van dirixidos principalmente a empresas nacionales, especializadas en produtos de alimentación animal que utilizan estas fariñas e graxas elaboradas en Palas como materia prima para a fabricación de piensos.

De forma paralela ó inicio da actividade en Palas, continúan as obras para ultimar as oito naves que conforman o complexo e que inclúen a nave de producción, seis naves de engorde de larvas e outra de almacenamento do compost. Tamén se está preparando o entorno, dado que a parcela total conta cunha extensión de 140.000 metros cadrados.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%