Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today30 abril, 2026
O aumento de estudantado no IES de Sar, en Santiago de Compostela, provoca que a ANPA solicite unha dotación proporcional de profesorado e recursos. Reclamación que o Bloque Nacionalista Galego para o seu debate na Comisión 4ª.
Santiago de Compostela, 29 de abril de 2026.- A comunidade educativa do IES de Sar, en Santiago de Compostela, leva tempo reclamando máis recursos e profesorado ante o importante incremento de alumnado que se produciu nese centro ao longo dos últimos anos. Por iso, o Grupo Parlamentar do BNG presenta, a través das deputadas Saleta Chao Rivas e Cristina Fernández Davila, unha proposición non de lei para o debate na Comisión 4ª. Nela ínstase Xunta de Galiza a realizar unha avaliación da situación do IES de Sar para dotar este centro do profesorado suficiente, incluíndo unha nova praza de orientación, para atender as necesidades do alumnado e garantir unha atención educativa de calidade. Asemade, pídese reforzar as figuras de profesorado especialista en pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe para garantir unha atención con dedicación horaria suficiente ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
Nun escrito remitido pola ANPA á Consellería de Educación, describen como pasaron de 272 a 485 estudantes nos últimos cursos que, ante a falta dunha dotación proporcional de profesorado e recursos, afecta o funcionamento do centro e a atención educativa ao alumnado.
A comunidade educativa do IES de Sar denuncia que teñen unha ratio elevada de alumnado cunha parte significativa con necesidades específicas de apoio educativo para o que precisa máis profesorado, máis profesorado especialista en pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe, e unha nova praza de orientación educativa. Nas súas peticións solicitan unha resposta inmediata por parte da Xunta de Galiza ante unha situación que consideran “grave e insostíbel”.
A comunidade educativa leva meses mobilizándose e remitindo comunicacións á Consellería de Educación sen que se atendan as súas peticións. Ante esta situación, é preciso que a Consellería de Educación actúe e poña a disposición do centro os recursos necesarios para garantir unha atención educativa de calidade nese centro, tamén reforzando as figuras de profesorado especialista para blindar o dereito á educación do alumnado máis vulnerable.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)