AD

Comarca

Brión aprobará este mércores os seus orzamentos: medran un 19% ata alcanzar os 9,2M€

today6 octubre, 2026

Fondo
share close
AD

 

As partidas destinadas a servizos sociais, cultura, educación e deportes rexistran incrementos superiores ao 20%

6 de outubro de 2026. O Pleno do Concello de Brión aprobará mañá mércores, ás 13:00 horas, en sesión extraordinaria os Orzamentos Municipais para 2026, que ascenden a 9.246.501,20 euros, un 18,98% máis ca en 2024 (7.771.316,63 euros). Un presuposto “equilibrado e que cumpre con todas as regras esixidas polo Estado; realista e social, xa que incrementa no posible as partidas destinadas aos distintos servizos á veciñanza; e investidor, xa que aumenta a partida de investimentos reais”, destaca o alcalde de Brión, Pablo Lago. Uns orzamentos que se presentan como os máis elevados da historia do municipio.

O alcalde brionés salienta que “na liña dos últimos anos, non hai débeda e aumentáronse as consignacións nas políticas de seguridade e mobilidade cidadá, gasto social, sanidade, cultura, educación e deportes con incrementos de máis do 20%, o que nos permitirá seguir ofrecendo os mellores servizos aos veciños e veciñas de Brión”. Bo exemplo disto é o incremento dun 26,08% do capítulo de gasto corrente, que alcanza os 3.854.961,37 euros. Un gasto no que destacan os 608.000 euros destinados ao servizo de axuda no fogar.

Investimentos

O Capítulo VI de Investimentos Reais experimenta unha baixada motivada polas datas nas que se elaborou este orzamento, xa que moitos dos investimentos recollidos non inclúen os créditos iniciais da obra senón os da adxudicación da mesma, e porque non figuran investimentos conseguidos nos últimos meses, como os 1,19 millóns para mellora e acondicionamento do complexo deportivo municipal de Pedrouzos. “Unha obra que, por si soa, suporía incrementar o anexo de investimentos nun 72% con respecto a 2024”, puntualiza Lago Sanmartín

Entre as actuacións máis importantes de estes orzamentos figuran os 537.000 euros para a reforma do campo de fútbol municipal de Bastavales, case 200.000 euros para a mellora das redes de saneamento e abastecemento en Romarís, Brión, Santa Minia e Sabaxáns. Tamén se contempla medio millón de euros para melloras de estradas e accesos a núcleos de poboación, sen contar os 1,1 millóns de euros da obra de humanización da AC-524 ao seu paso polos Ánxeles que está a piques de rematarse ou os 2,48 millóns de euros para a mellora da eficiencia enerxética e o cambio de todo o alumeado municipal a LED, actualmente en execución.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *