AD

Comarca

Brión recupera as fontes e lavadoiros de Boaventura e Alqueidón

today2 octubre, 2024

Fondo
share close
AD

O proxecto supuxo un investimento de case 25.000 euros

2 de outubro de 2024.- O Concello de Brión vén de recuperar e acondicionar dous importantes elementos do patrimonio histórico e etnográfico do municipio, como son os conxuntos de fonte-lavadoiro de Boaventura e do Alqueidón. Estas actuacións supuxeron un investimento de case 25.000 euros, acometidos polo Concello de Brión a través dunha subvención outorgada polo Instituto Galego de Estudos do Territorio, da Xunta de Galicia.

“Trátase dunha aposta por recuperar o noso patrimonio municipal e corrixir impactos paisaxísticos froito da realización de obras inadecuadas, ben por unha incorrecta execución ou polo emprego de materiais non axeitados, como nos casos de Boaventura e do Alqueidón”, explica Pablo Lago, alcalde de Brión.

Actuacións

No caso do conxunto fonte-lavadoiro de Boaventura, as obras consistiron en eliminar a gran cantidade de formigón que presentaba e que foi substituído por outros materiais máis acordes e harmoniosos como a pedra. Así, o corpo do lavadoiro foi enfoscado e posteriormente chapeado con placas de granito. A maiores, melloráronse os accesos a este conxunto etnográfico, xa que era moi complicado acceder a el. Por iso, o Concello de Brión acondicionou uns novos accesos en zahorra, cunha escaleira de acceso en pedra e lousas no chan da contorna da fonte e do lavadoiro.

No caso do Alqueidón, o Concello procedeu tamén a eliminar pouco acordes co  conxunto fonte-lavadoiro como o feito de que os muros de pedra estiveran rexuntados con morteiro de cemento, algo que se mellorou empregando un material coloreado con pigmentos naturais máis acorde. No caso da cuberta, aínda que a solución máis sinxela sería demoler a cuberta para substituíla por outra nova, isto non foi posible debido á existencia dunha cruz de pedra emprazada sobre a cuberta e que ten un gran valor histórico e artístico. No seu lugar, procedeuse a limpar e pintar as vigas e teito do lavadoiro.

Os traballos remataron cunha limpeza profunda de toda a contorna e a eliminación dunha parte asfaltada, que foi substituída por pavimento de lousas de pedra, un material máis acorde tanto con este elemento etnográfico como coa paisaxe onde se sitúa este conxunto.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%