AD

Comarca

2577 Resultados / Página 20 de 287

Fondo
AD

Comarca

Val do Dubra impulsa unha petición conxunta para mellorar a conexión entre Bergantiños, Xallas, Santiago e Barbanza

Val do Dubra, 8 de xuño de 2026. O Concello de Val do Dubra remitiu unha carta para iniciar unha rolda de contactos cos municipios da área de influencia da vía que conecta as comarcas de Bergantiños, Xallas, Santiago e Barbanza co obxectivo de impulsar unha petición institucional conxunta para mellorar esta infraestrutura estratéxica. A iniciativa xorde ante a preocupación compartida polo elevado volume de tráfico que soporta esta conexión, especialmente no núcleo de Portomouro, onde conflúen varias estradas autonómicas […]

today8 junio, 2026

Comarca

O 27 % dos alumnos da Escola de Emprego Xuvenil da Estrada xa atopou traballo

A concelleira de Emprego da Estrada, Lucía Seoane, participou este luns na entrega de diplomas dos tres cursos desenvolvidos no marco da Escola de Emprego Xuvenil, unha iniciativa impulsada polo Concello en colaboración con Acción Contra a Fame a través do programa Vives Aprende. Neste segundo semestre, un total de 30 persoas completaron a súa formación nos cursos de Manipulador de alimentos, Monitor de transporte e comedor escolar e Auxiliar de comercio. Segundo os datos facilitados, oito dos participantes, o […]

today8 junio, 2026

Comarca

Charla sobre o eclipse solar total este venres en Vila de Cruces

Explicará de forma sinxela que é un eclipse total de sol e os principais sistemas de protección para a súa observación segura O experto fará a observación guiada desde O Alto da Madanela e outra observación das Perseidas no antigo campo de fútbol de Piloño o vindeiro 12 de agosto Vila de Cruces, 8 de xuño de 2026 (Vía Láctea Comunicación).- O Concello de Vila de Cruces organizará o venres, 12 de xuño, unha charla informativa sobre o eclipse total […]

today8 junio, 2026

Comarca

A AECC de Boiro celebra o 21 de xuño unha nova edición da andaina solidaria

O Concello de Boiro colabora cunha nova edición da andaina solidaria “Boiro, en marcha contra o cancro” que organiza a Asociación Española contra o Cancro de Boiro e que terá lugar o vindeiro domingo 21 de xuño. O alcalde, José Ramón Romero, participou na presentación xunto coa presidenta, Marisa Lojo, e outros membros da asociación. A andaina terá lugar o próximo domingo 21 de xuño con saída ás 11.00 horas da Praza de Galicia e cun percorrido circular de 5 […]

today8 junio, 2026

Comarca

Máis de 130 persoas participan no Día da Bicicleta de Padrón

Rapazada e maiores, dende uns meses ata oitenta anos. Máis de 130 persoas participaron este 6 de xuño no Día da Bicicleta que organizou o Concello de Padrón para fomentar hábitos saudables e o uso da bici como alternativa sostible. A xornada comezou ás 10.30 horas cunha visita guiada ás instalacións do Club Ciclista Padronés Cortizo. Despois, no paseo do Espolón, nenos e nenas puideron participar nunha xincana e demostrar o seu dominio sobre a bicicleta. Pouco antes do mediodía, […]

today8 junio, 2026

Comarca

A Feira da Sidra da Estrada pulveriza todas as marcas de participación, afluencia e litros escancia

Con máis litros, máis vasos, máis lagares e máis metros de barra que nunca, a resposta masiva do público volve esgotar existencias. A Estrada, 6 de xuño de 2026.- Se unha imaxe vale máis que mil palabras, a estampa da Praza da Constitución neste mediodía describía á perfección a dimensión acadada pola Feira da Sidra da Estrada, que volveu superar todas as súas marcas para vivir xustamente o que prometía: unha edición de récord. Xa dende a apertura, ás 12.00 […]

today8 junio, 2026

Comarca

O Pazo de Goiáns acolle unha exposición do deseñador boirense Juan Ares

O Pazo de Goiáns acollerá o vindeiro 8 de xuño a xornada “Deseño, mar e cultura” cunha exposición do deseñador boirense Juan Ares. A concelleira de Cultura, María Outeiral, presentou a actividade xunto co deseñador. Trátase dunha colección de mobles feitos con rede de pesca mariñeira que se poderá visitar no Pazo de Goiáns durante o mes de xuño. A inauguración da mostra terá lugar o vindeiro luns día 8 ás 19.00 horas e contará cunha charla coloquio coincidindo co […]

today4 junio, 2026

Comarca

O BNG apoia a concentración en defensa dunha sanidade pública digna no Barbanza

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) participou este mércores na concentración convocada por SOS Sanidade Pública e a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza diante do Hospital da Barbanza en defensa da sanidade pública e para denunciar o continuo incremento das listas de agarda, unha situación que afecta de maneira cada vez máis grave á veciñanza da comarca e do conxunto de Galiza. A mobilización, impulsada no marco das protestas desenvolvidas hoxe diante de centros de atención primaria e […]

today4 junio, 2026

Comarca

Case 80 metros de barra, zona tranquila na alameda ou posto de venda de botellas, novidades da XIII Feira da Sidra

As peticións de reserva animan a ampliar a venda anticipada tamén ás xornadas de xoves e venres. As mesas que se instalarán na zona da alameda terán como usuarios preferentes persoas con mobilidade reducida, maiores ou mulleres embarazadas. A maior barra da historia desta feira terá forma rectangular e unha organización que busca favorecer a rotación do público. A Rúa Serafín Pazo terá un “tardeo” de 16.00 a 19.00 e de 21.00 horas ata a medioanoite, antes e despois da […]

today4 junio, 2026

AD