Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today8 junio, 2026
O Concello de Boiro colabora cunha nova edición da andaina solidaria “Boiro, en marcha contra o cancro” que organiza a Asociación Española contra o Cancro de Boiro e que terá lugar o vindeiro domingo 21 de xuño. O alcalde, José Ramón Romero, participou na presentación xunto coa presidenta, Marisa Lojo, e outros membros da asociación.
A andaina terá lugar o próximo domingo 21 de xuño con saída ás 11.00 horas da Praza de Galicia e cun percorrido circular de 5 quilómetros nos que se percorrerá o paseo do río Breiro, o paseo marítimo de Barraña, o estuario do río Coroño e regreso á Praza de Galicia. A presidenta, Marisa Lojo, agradeceu a colaboración de todas as entidades e empresas que fan posible esta andaina “que ten como finalidade recadar diñeiro para a investigación do cancro”.
A andaina ten un prezo de 8 euros para persoas adultas e 5 euros para nenos e nenas ata 12 anos que serán para a loita contra o cancro. As inscricións están abertas e poden facerse na farmacia ortopedia Ana Torrente, na galería Sargadelos, en Modas Naty ou na mesa que a Asociación ten na rúa peonil os sábados.
O alcalde, José Ramón Romero, agradeceu o traballo “tan importante que realizar a Asociación Española contra o Cancro en Boiro” e convidou á veciñanza “a participar nesta cita solidaria”.
Escrito por Líder Redacción
andaina Asociación Española contra o Cancro boiro En marcha contra o cancro



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)