AD

Comarca

Val do Dubra impulsa unha petición conxunta para mellorar a conexión entre Bergantiños, Xallas, Santiago e Barbanza

today8 junio, 2026

Fondo
share close
AD

Val do Dubra, 8 de xuño de 2026. O Concello de Val do Dubra remitiu unha carta para iniciar unha rolda de contactos cos municipios da área de influencia da vía que conecta as comarcas de Bergantiños, Xallas, Santiago e Barbanza co obxectivo de impulsar unha petición institucional conxunta para mellorar esta infraestrutura estratéxica.

A iniciativa xorde ante a preocupación compartida polo elevado volume de tráfico que soporta esta conexión, especialmente no núcleo de Portomouro, onde conflúen varias estradas autonómicas e provinciais. Segundo os datos recollidos na comunicación remitida aos concellos, por este punto circulan diariamente máis de 6.000 vehículos, aos que se suman arredor de 500 vehículos pesados.

O Concello de Val do Dubra considera que a configuración actual dos accesos en Portomouro presenta dificultades importantes, especialmente para os camións que realizan desprazamento sentre a comarca de Bergantiños e as vías de comunicación cara á Noia e Barbanza. Esta situación repercute na fluidez do tráfico, na seguridade viaria e na competitividade das empresas da contorna.

Por este motivo, Val do Dubra está promovendo unha solicitude conxunta ante a Deputación Provincial da Coruña e a Xunta de Galicia para que ambas administracións analicen e impulsen as actuacións necesarias que permitan mellorar esta conexión viaria, especialmente nos puntos de maior complexidade e intensidade de tráfico.

Co fin de coordinar esta iniciativa, o Concello tratará de convocar nas vindeiras semanas unha xuntanza cos representantes dos concellos implicados para abordar a situación e tramitar unha proposta conxunta que reforce a petición institucional.

Desde o goberno local sublíñase que esta demanda transcende o ámbito dun único municipio e responde a unha necesidade compartida por todo o territorio, polo que se considera fundamental a colaboración entre administracións para avanzar en melloras que contribúan á seguridade, á mobilidade e ao desenvolvemento económico das comarcas afectadas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *