AD

Comarca

2577 Resultados / Página 21 de 287

Fondo
AD

Comarca

A venda anticipada para a Feira da Sidra chega xa ao 50%

Mañá será o último día para facerse co vaso evitando as colas que sempre se forman para adquirilos na propia feira. A Estrada, 4 de xuño de 2026.- A Praza da Constitución prepárase xa dende primeira hora desta mañá para acoller a XIII Feira da Sidra. A montaxe da barra e do espazo que ocuparán os 24 lagares participantes está xa en marcha, nunha xornada na que a venda anticipada de vasos para a degustación continuou no Novo Mercado, despois […]

today4 junio, 2026

Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O alcalde de Ames repasa a actualidade municipal, destaca os beneficios da municipalización da auga, anuncia novos investimentos para o Milladoiro e admite que o contexto político estatal pode condicionar as eleccións municipais de 2027. Blas García reivindica a xestión de Ames e asegura que o Milladoiro recibirá máis de 70 millóns de euros en investimentos O alcalde de Ames, Blas García, aproveitou a súa visita aos estudos dunha emisora local para facer un amplo repaso da actualidade municipal, nunha […]

today3 junio, 2026

Comarca

Vila de Cruces convoca cursos de natación para o verán na súa piscina municipal

Haberá clases de iniciación, perfeccionamento e para adultos As persoas interesadas en aprender ou mellorar a súa técnica de nado poderán solicitar a súa praza do 8 ao 12 de xuño Vila de Cruces, 3 de xuño de 2026 (Vía Láctea Comunicación).- O Concello de Vila de Cruces convoca cursos de natación para este verán 2026. A proposta facilitará a aprendizaxe e a mellora das habilidades acuáticas dos participantes, persoas de todas as idades e niveis de natación, agás os […]

today3 junio, 2026

Comarca

O BNG de Ordes reclama reforzar as tarefas de roza

O BNG de Ordes instou ao goberno municipal a reforzar as tarefas de roza e mantemento da rede viaria do concello, ao considerar que os traballos que se realizan na actualidade resultan insuficientes para atender as necesidades existentes nas distintas parroquias. Os nacionalistas sinalan que recentemente se levaron a cabo diversas rozas en estradas de titularidade doutras administracións públicas que atravesan o municipio, mentres que, segundo denuncian, o executivo local continúa aplicando unha planificación que consiste en realizar as rozas […]

today2 junio, 2026

Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

O stand ofrecerá degustacións de Queixería Barral, Queixería Verbas, Galmesán, Casa Donicio e Erika Mel durante as catro xornadas da feira Arzúa, 02 de xuño de 2026.- A Concellería de Turismo de Arzúa participará desde este xoves e ata o domingo na 48ª edición da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, que se celebrará no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda, reafirmando así a súa aposta pola promoción turística e dos produtos locais nun dos grandes escaparates […]

today2 junio, 2026

Comarca

A Mancomunidade do Camiño Francés reforza en Cantabria a relación co Camiño Lebaniego

A Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés realizou unha visita institucional a Cantabria para continuar fortalecendo a colaboración co Camiño Lebaniego e impulsar a conexión entre ambas rutas históricas de peregrinación. A expedición estivo encabezada pola presidenta da Mancomunidade e concelleira de Turismo de Arzúa, Begoña Balado, e contou coa participación de representantes dos once municipios galegos integrados nesta entidade. Durante a estancia, a delegación foi recibida na sede do Goberno de Cantabria, en Santander, pola presidenta cántabra, María […]

today1 junio, 2026

Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo

O Concello de Rianxo vén de rexistrar un novo cambio na súa composición corporativa tras a dimisión da portavoz do BNG, Sarela Betanzos, anunciada no último pleno municipal. Esta renuncia súmase á presentada en agosto de 2024 por Xusto Xosé Ordóñez Figueira, tamén integrante das filas nacionalistas, o que supón a segunda baixa rexistrada no grupo do BNG durante o actual mandato. Pola súa banda, o grupo municipal socialista tamén experimentou importantes cambios nos últimos meses coa saída de Miguel […]

today1 junio, 2026

Comarca

O PSdeG inaugura a súa nova sede en Oroso

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou na inauguración da nova sede da Agrupación Socialista de Oroso, un acto no que fixo un chamamento á militancia para reforzar o proxecto político local e afrontar con forza os retos electorais dos vindeiros anos. A cita, celebrada en Sigüeiro, reuniu a representantes institucionais, cargos orgánicos e afiliados socialistas. Durante a súa intervención, Besteiro subliñou a importancia de manter unha organización activa e próxima á veciñanza para consolidar unha alternativa […]

today30 mayo, 2026

Comarca

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo

A rexedora municipal presidiu a terceira gala de nomeamento dos Fillos Adoptivos e Mención de Honra Destacou que son “pezas importantes da nosa Galicia actual e cómpre que tamén sexan embaixadores do seu propio concello” Teo (A Coruña), 29 de maio de 2026.- O Concello de Teo celebrou esta tarde a súa terceira gala de nomeamento de Fillos Adoptivos e Mención de Honra, recoñecendo o labor de Hugo Vázquez, Ramón Villares, Ignacio Balboa e o Colectivo A Rula. A gala […]

today29 mayo, 2026

AD