AD

Comarca

2577 Resultados / Página 26 de 287

Fondo
AD

Comarca

Música, tradición e identidade: Bugallido prepárase para tres días de festa sen descanso

A parroquia de Bugallido volverá converterse esta fin de semana nun dos grandes epicentros culturais e festivos do municipio de Ames coa celebración da terceira edición da Carballeira das Letras e da tradicional festa de San Isidro. Un programa amplo, diverso e interxeracional que combinará literatura, música, folclore, gastronomía e convivencia veciñal nunha cita que medra ano tras ano. Durante unha entrevista concedida a Álvaro Veiga en Radio Líder Santiago, Martín Ramos —integrante de varias das asociacións organizadoras— puxo en […]

today14 mayo, 2026

Comarca

A Garda Civil investiga a agresión a unha concelleira de Padrón nun acto organizado polo Concello

A concelleira de Servizos Sociais, Educación, Igualdade, Muller, Terceira Idade, Xuventude e Voluntariado do Concello de Padrón, Mariló Saco, confirmou que presentou unha denuncia ante a Garda Civil contra o veciño que presuntamente a agrediu durante a tradicional comida de confraternidade organizada polo Concello con motivo da festividade de San Xoán do Raio, dedicada ás persoas maiores do municipio. Os feitos producíronse cando unha veciña se sentiu indisposta e a edil, xunto con outras persoas asistentes, estaba a prestarlle atención […]

today14 mayo, 2026

Comarca

Bustelo reivindica o municipalismo “sen liñas vermellas” para acadar acordos de cara á próxima lexislatura

O alcalde de Rianxo pon en valor os investimentos en infraestruturas, a proximidade coa veciñanza e un modelo de municipalismo baseado no diálogo e no consenso, defendendo ademais un turismo tranquilo e sostible, afastado da masificación doutros destinos galegos como Sanxenxo. O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, fixo balance da actualidade municipal nunha entrevista na que abordou cuestións clave para o presente e o futuro do concello: a campaña turística de verán, os investimentos en saneamento e abastecemento, os encontros […]

today14 mayo, 2026

Actualidad

Tradición, foliada y comida popular: así será este sábado el primer Albaroque en Senra (Oroso)

La cita, impulsada por tres asociaciones culturales de Oroso, reunirá este sábado baile tradicional, foliada, comida popular y más de una decena de agrupaciones en una jornada que aspira a consolidarse como nueva referencia festiva de la comarca El campo de la fiesta de Senra, en el Concello de Oroso, acogerá este sábado 16 de mayo la primera edición del Albaroque, una iniciativa cultural y gastronómica nacida de la unión de varias asociaciones locales con un objetivo claro: revitalizar la […]

today13 mayo, 2026

Actualidad

Ovidio Rodeiro destaca o traballo veciñal e a singularidade da Festa das Carrozas do San Cidre

Conversamos co alcalde de Boqueixón sobre a 52 edición dunha das citas máis singulares da comarca compostelá, que se celebrará esta fin de semana no Oural e que estrea este ano o distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia. O día grande será o domingo, coincidindo co Día das Letras Galegas A parroquia do Oural, en Boqueixón, prepárase para vivir esta fin de semana unha edición histórica da Festa das Carrozas do San Cidre. A celebración alcanzará a súa […]

today13 mayo, 2026

Comarca

Estudantes do Colexio Galaxia de Ribeira reinterpretan A Última Cea

O alumnado de 2º de Bacharelato do Colexio Galaxia de Ribeira protagonizou unha emotiva iniciativa artístico-educativa reinterpretando unha das obras máis emblemáticas da historia da arte: A Última Cea, de Leonardo da Vinci. A proposta naceu coa intención de converter o remate desta etapa académica nun recordo inesquecible para os estudantes, empregando a arte como vehículo de expresión emocional e de unión entre alumnado e profesorado. A montaxe consistiu na recreación da célebre escena incorporando aos propios alumnos e alumnas […]

today13 mayo, 2026

Comarca

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago

• O obxectivo é mellorar a capacidade de resposta da poboación en situación de emerxencias e favorecer a transferencia de coñecemento • En xuño impartirase unha formación de soporte vital básico dirixida ao alumnado de ESO e, no segundo semestre, outra para a veciñanza • No vindeiro curso darase formación ao profesorado do colexio para que este, a súa vez, poida preparar ao alumnado  O Pino. 12-5-2026.- Investigadores do Sicrus van impartir durante o mes de xuño un curso de […]

today12 mayo, 2026

Comarca

Neves Rodríguez dará na Estrada o pregón das Letras Galegas

Será ás 11.00 horas diante do monolito a Marcial Valladares. A obra “As mil e unha” repasará o xoves a traxectoria da xornalista Begoña Caamaño. A comunicadora, actriz e presentadora Neves Rodríguez foi e escollida este ano para dar lectura ao pregón das Letras Galegas na Estrada, nun 17 de maio que coincide no municipio coa celebración da Festa do Salmón. Será a tamén a condutora do espazo “É de mañá”, na emisora municipal Radio Estrada, a encargada de dirixirse […]

today12 mayo, 2026

Comarca

Padrón enche os bares de ciencia co festival internacional Pint of Science

• A vila acollerá do 18 ao 20 de maio charlas e obradoiros en diferentes locais hostaleiros para achegar a ciencia á cidadanía dun xeito ameno e participativo • Nesta innovadora iniciativa falarase sobre temas de interese coma os incendios, a medicina personalizada, a realidade virtual ou os pementos de Padrón • O programa inclúe actividades gratuítas para todas as idades, con talleres infantís e para adultos e divulgación sobre mulleres científicas Padrón.12-5-2026.-O Concello de Padrón súmase por primeira vez […]

today12 mayo, 2026

AD