Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today30 diciembre, 2023
Padrón. 30-12-2023.- O alcalde de Padrón, Anxo Arca, renovou hoxe os votos da vila padronesa co Apóstolo na tradicional cerimonia da Traslatio coa que se conmemora o traslado do corpo de Santiago o Maior dende Palestina ata o porto da antiga cidade de Iria Flavia. O rexedor padronés solicitou a intersección do Apóstolo para lograr que, por riba de ideoloxías e intereses particulares, se impoñan o diálogo e a colaboración de cara a lograr o desenvolvemento e benestar dos pobos.
“Pídolle que sexamos máis solidarios e loitemos xuntos polo respecto a todas as persoas: que poidamos poñerlle fin á violencia machista, que atopemos as fórmulas para apoiar os colectivos máis desfavorecidos, que contemos todos coas mesmas oportunidades independentemente da nosa orixe e condición, que coidemos dos nosos maiores”, sinalou Anxo Arca.
O rexedor padronés aproveitou tamén a súa invocación para reivindicar o papel de Padrón como berce da tradición xacobea e subliñou que cada día son máis os peregrinos que se achegan á capital do Sar, non só a través do Camiño Portugués senón tamén como destino en si mesmo. Recordou neste sentido que durante este ano 2023 se repartiron máis de 20.000 pedronías, o certificado que acredita a continuación da peregrinación ata Padrón logo de visitar os restos do Apóstolo.
Anxo Arca confesouse emocionado de vivir como alcalde a súa primeira Traslación, perpetuando unha tradición que se oficiliazou no ano 1646, pero que xa se viña desenvolvendo con anterioridade tal e como está documentado dende 1588.
A orixe, con todo, remóntase aos principios do cristianismo hai máis de dous mil anos cando os discípulos do Apóstolo Santiago decidiron salvar o seu corpo decapitado embarcándoo nunha das numerosas naves que dende Haffa, en Palestina, surcaban o Mediterráneo. Foi así como, remontando o que hoxe é Portugal, acabaron por chegar ao antigo porto de Iria Flavia. Alí amarraron a barca a unha ara romana ou pedrón que lle deu nome á poboación padronesa e que aínda se conserva na igrexa de Santiago.
Malia que o pedrón está sempre exposto na igrexa parroquial de Padrón, este 30 de decembro, coincidindo coa conmemoración da Traslatio, padroneses e visitantes puideron acceder tamén á cámara na que se atopa.
O acto relixioso desta Traslatio, que dou comenzo ás 20.00 horas na igrexa parroquial de Santiago, foi presidido polo arcebispo emérito de Santiago, monseñor Julián Barro, e oficiado polo párroco de Padrón, Roberto Martínez. Contou coa presenza da Corporación municipal e coa actuación da Banda de Música de Padrón.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)