AD

Destacado

2477 Resultados / Página 14 de 276

Fondo
AD

Actualidad

Santa Isabel acollerá un torneo solidario que nace coa vocación de consolidarse en Santiago

A primeira edición do Memorial Jesús Pampín celebrarase este sábado no campo municipal de Santa Isabel coa participación de equipos afeccionados e numerosas actividades, destinando toda a recadación á Fundación Andrea, que este ano celebra dúas décadas de traballo ao carón das familias con menores afectados por enfermidades graves. O deporte como ferramenta de encontro, de solidariedade e tamén de lembranza. Esa é a filosofía coa que nace o I Torneo Solidario Memorial Jesús Pampín, unha cita que se celebrará […]

today25 junio, 2026

Actualidad

Santa Marta Segura leva ao pleno a súa reclamación: «Hai que afrontar un problema social grave»

A Plataforma Veciñal Santa Marta Segura intervén hoxe no pleno do Concello de Santiago para reclamar actuacións fronte ao narcotráfico e á inseguridade no barrio. Falamos co seu presidente, José Manuel López. A entidade tamén convocou para esta tarde unha concentración na praza de Pascual Veiga baixo o lema "Nin unha morte máis" A Plataforma Veciñal Santa Marta Segura leva este xoves ao pleno do Concello de Santiago as demandas da veciñanza ante o que considera un agravamento da inseguridade […]

today25 junio, 2026

Deportes

Martín Liste conquista a prata no Nacional e afronta con ilusión a cita de Tordoia

Un novo éxito para o halterófilo tordoiense, que competirá este sábado diante da súa afección. O halterófilo de Tordoia Martín Liste volveu situarse entre os mellores deportistas do país ao proclamarse subcampión de España absoluto na categoría de 94 quilos durante o Campionato de España celebrado en A Nucía (Alacante). Un resultado que chega tras meses de preparación e que supón un importante impulso para un deportista que acumula xa cinco títulos nacionais, numerosos récords galegos e dezaoito anos de […]

today25 junio, 2026

Actualidad

A choiva obriga a aprazar ao xoves 2 de xullo o especial de Radio Líder Santiago desde Boiro

As previsións meteorolóxicas obrigaron a modificar a data do programa especial que Radio Líder Santiago tiña previsto realizar desde Boiro con motivo das Festas do Verán 2026. Debido á choiva anunciada para este venres, o espazo emitirase finalmente o xoves 2 de xullo, mantendo o mesmo horario, de 10.00 a 13.00 horas, e a mesma localización, na Rúa Doutor Santos Mieites, xunto ao Mercado Municipal. O especial, conducido por Álvaro Veiga, achegará aos oíntes toda a información sobre as Festas […]

today24 junio, 2026

Actualidad

Caritas Diocesana de Santiago alerta que el empleo ya no garantiza la inclusión social

La entidad atendió a más de 45.000 personas en 2025, acompañó a casi 900 en recursos residenciales y recuerda que el empleo ya no garantiza la inclusión social. Santiago de Compostela, 23 de junio de 2026.- Cáritas Diocesana de Santiago presentó este martes su Memoria 2025, un documento que refleja el agravamiento sostenido de la exclusión social en el territorio y que pone el foco en problemas cada vez más estructurales como el acceso a la vivienda, la precariedad laboral […]

today23 junio, 2026

Actualidad

A Estrada celebra as festas de San Paio cun programa de máis de 50 actividades

Iván Lorenzo e Puri Areán, representantes da comisión organizadora, repasan os principais atractivos dun programa que combinará música, deporte, tradición e actividades para todas as idades, co pregón da agrupación estradense Tequexetéldere e un cartel musical encabezado por David Bustamante, Baiuca, Ortiga, 9Louro e as orquestras Panorama, Cinema, Gran Parada e Galilea A Estrada xa está preparada para vivir desde mañá unha nova edición das súas festas patronais de San Paio. Durante cinco días, do 24 ao 28 de xuño, […]

today23 junio, 2026

Destacado

Verea fala do seu futuro político de non acadar a “necesaria” maioría absoluta en 2027

  O presidente do PP compostelán defende a construción de máis vivenda, unha rede de cociñas escolares propias, a creación dunha Casa das Familias e programas para a mocidade e as persoas maiores, ao tempo que reivindica o papel da oposición como alternativa de goberno. O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, aproveitou a súa participación nos micrófonos de Radio Líder Santiago para afondar nalgunhas das propostas que pretende incorporar ao programa co que concorrerá ás eleccións municipais […]

today22 junio, 2026

Deportes

O Milladoiro converterase na capital dos porteiros galegos cun evento pioneiro

  A iniciativa organizada por Arexia GK celebrarase o 27 de xuño no novo campo do Milladoiro e contará con participantes chegados de toda Galicia e mesmo doutras comunidades, consolidándose xa na súa primeira edición como unha cita de referencia para os especialistas da portería. A primeira Batalla de Porteiros de Ames desborda as previsións e pecha inscricións con 130 participantes O novo campo de fútbol do Milladoiro converterase o próximo 27 de xuño nun escenario pouco habitual. Durante toda […]

today22 junio, 2026

Comarca

O alcalde de Vedra reivindica compartir servizos con outros municipios como alternativa ás fusións

  O alcalde defende o modelo de xestión municipal baseado na proximidade, destaca o reforzo das medidas de conciliación para o verán e avanza a próxima licitación do novo centro de saúde O alcalde de Vedra, Carlos Martínez, confirmou este luns a súa intención de volver encabezar a candidatura do Partido Popular nas eleccións municipais de 2027 e aproveitou unha entrevista en Radio Líder Santiago para facer balance da situación do municipio, analizar os principais retos da administración local e […]

today22 junio, 2026

AD