Brión daralle a benvida ao 2025 co XXIX Festival de Títeres
1 de xaneiro de 2025.- Os monicreques regresan a Brión co aninovo. Un ano máis, e xa van 29 seguidos, o Concello de Brión organiza o seu tradicional Festival de Títeres, que terá lugar o 2 e 3 de xaneiro. Dúas actuacións pensadas para un público familiar e que terán lugar no auditorio do centro social polivalente, ás 17:30 horas e con entrada de balde ata completar aforo. O programa abrirase mañá xoves 2 de xaneiro con “Vacacións no mar”, […]