AD

Política

1964 Resultados / Página 17 de 219

Fondo
AD

Comarca

A Policía investiga o lume que afectou a tres vehículos no centro de Ribeira

Un incendio rexistrado na madrugada deste domingo deixou dous vehículos totalmente destruídos e un terceiro con danos de consideración no Paseo das Carolinas, en Ribeira. O aviso produciuse arredor das 6.30 horas, cando un veciño contactou co 112 Galicia tras escoitar un estrondo semellante a unha explosión e comprobar que dous coches estacionados na zona estaban envoltos en chamas. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia activouse de inmediato un operativo no que participaron efectivos do […]

today22 febrero, 2026

Comarca

Multitudinario desfile de Entroido en Padrón con 1250 persoas participantes

• No desfile participaron 13 comparsas, 5 grupos locais, 8 grupos con menos de vinte membros e outros 20 nas categorías de parella e individuais menores e adultos • O Concello repartiu máis de 6.400 euros en premios Padrón. 21-2-2026.- A veciñanza de Padrón e arredores aproveitou un soleado sábado de Piñata para saír a rúa e gozar cun multitudinario desfile de Entroido, que encheu de colorido o casco histórico da vila. Máis de 1.000 persoas disfrazáronse para participar nun […]

today22 febrero, 2026

Comarca

Rianxo levará ao Pleno a cesión de terreos á Deputación para a Casa de Maiores

  O Executivo local someterá á consideración do Pleno da Corporación a cesión, á Deputación da Coruña, dos térreos necesarios para a construción dunha das tres Casas de Acompañamento aos Maiores que a Deputación promove na provincia, inspiradas nos modelos europeos de quinta xeración implantados en países como Dinamarca, Suecia ou os Países Baixos. A parcela obxecto a ceder localízase a carón do Instituto de Educación Secundaria Félix Muriel e conta con aproximadamente 8.000 metros cadrados, dos cales 5.300 son […]

today19 febrero, 2026

Comarca

Arzúa aproba melloras na rede viaria, instalacións deportivas e saneamento

Case 60.000 € nos camiños de Carballeira–Ventorrillo (Brandeso–Viñós) e Carballeira–Igrexa (Viñós) · Preto de 200.000 € para a piscina municipal e o gradarío do campo de fútbol · Preto de 187.000 € para o saneamento en Outeiro · Máis de 80.000 € para unha senda na Rúa Rego da Raña Arzúa, 19 febreiro de 2026. A última Xunta de Goberno Local do Concello de Arzúa aprobou varios acordos centrados na mellora de infraestruturas municipais e camiños, tanto no ámbito rural como […]

today19 febrero, 2026

Actualidad

O Goberno municipal de Ames presenta o orzamento máis elevado da súa historia

Algunha das principais actuacións que se inclúen no orzamento son unha nova convocatoria de axudas para persoas con trastornos metabólicos, cubrir as pistas polideportivas do Milladoiro, habilitar novos aparcadoiros públicos en Bertamiráns e no Milladoiro, así como  o novo mercado de abastos e banco de terras de produción local, que está incluído dentro do plan Conecta Ames Blas García dixo “Ames é un concello solvente, e iso vainos permitir seguir investindo en infraestruturas necesarias no noso concello que imos poder […]

today19 febrero, 2026

Comarca

Xosé Igrexas: «En Melide activamos máis de 36 accións anuais para impulsar o comercio local»

O tenente alcalde e edil de Comercio destaca o crecemento de MercaMelide, a feira do saldo que se celebra esta fin de semana en Melide, a transformación da web comercial e a necesidade de unión institucional para fortalecer a economía da vila, asociaciada, sen dubida, ao Camiño Francés.  O tenente alcalde de Melide e responsable da área de Comercio, Xosé Igrexas, participou nos estudos de Radio Líder Santiago nunha entrevista na que fixo balance das políticas de promoción económica do […]

today19 febrero, 2026

Comarca

Brión aproba o convenio con Ames para o Programa Integrado de Emprego

Aprobada unha Declaración Institucional sobre o 8 de Marzo e unha moción contra as modificacións da Lei de Patrimonio 18 de febreiro de 2026.- A unanimidade caracterizou a sesión plenaria ordinaria de febreiro pois todos os puntos da orde do día, mocións incluídas, saíron adiante co voto a favor de PSOE, PP e BNG. Así, o Pleno dou o visto bo ao convenio de colaboración entre o Concello de Brión e o Concello de Ames para a concreación das actuacións […]

today18 febrero, 2026

Comarca

O VI InnovAmes chega este venres como un espazo de coñecemento e networking

Ames, 16 de febreiro de 2026.- O Concello de Ames, a través da concellaría de Promoción Económica Emprego e Innovación, desenvolverá este venres pola mañá, no pavillón polideportivo do Milladoiro, a sexta edición da xornada InnovAmes, un espazo de innovación e colaboración entre empresas e escolares de Ames. A finalidade deste evento é poñer en valor os recursos e a capacidade de innovación local, fomentando a colaboración entre empresas e dando a coñecer ao público xeral o capital empresarial do […]

today18 febrero, 2026

Comarca

Padrón homenaxeará a Rosalía de Castro o vindeiro luns 23 de febreiro

• O Concello organiza o día 23 unha xornada institucional que inclúe a lectura de poemas por parte do alumnado dos institutos locais e a tradicional alborada • A hostalaría padronesa volve ser protagonista coas iniciativas ‘Caldo de Gloria’ e ‘Café con Verso’, implicando a preto dunha vintena de establecementos Padrón. 18-2-2026.- O Concello de Padrón desenvolverá o vindeiro 23 de febreiro unha programación especial con motivo do Día de Rosalía, unha cita sinalada no calendario cultural galego que converterá […]

today18 febrero, 2026

AD