AD

Política

1964 Resultados / Página 19 de 219

Fondo
AD

Comarca

Ovidio Rodeiro reivindica o investimento histórico en saneamento e pon en valor o músculo festivo de Boqueixón

O alcalde debulla na radio os grandes proxectos en marcha —2 millóns para completar o saneamento, novas Casas do Maior e melloras en infraestruturas— mentres anima a participar na Festa da Filloa e no Entroido de Sergude O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, fixo balance da actualidade municipal nunha entrevista radiofónica na que combinou reivindicación institucional, datos de investimento e unha firme defensa das tradicións locais. Nun momento clave do calendario, coa Festa da Filloa de Lestedo en marcha e […]

today14 febrero, 2026

Comarca

Blas García: “O Milladoiro vai vivir a maior transformación da súa historia”

O alcalde de Ames aborda a negociación duns orzamentos históricos de 38 millóns de euros, admite aspectos mellorables na humanización do Milladoiro pero lembra que se conseguiu suprimir o paso duns 10.000 vehículos diarios, e anuncia novos investimentos en vivenda, equipamentos e rural, ademais da celebración dun Campionato do Mundo que situará o municipio no mapa internacional. O alcalde de Ames, Blas García, pasou polos micrófonos de Radio Líder Santiago nunha entrevista na que repasou os principais retos do Concello: […]

today13 febrero, 2026

Actualidad

Millán Mon reivindica desde Arzúa os Camiños de Santiago como “Camiños de Europa”

O eurodeputado galego destaca as rutas xacobeas como “unha metáfora de Europa”, cos valores de “perdón e reconciliación, solidariedade, esperanza e unidade na diversidade” 13 de febreiro de 2026. O eurodeputado do Partido Popular de Galicia Francisco Millán Mon reivindicou hoxe desde Arzúa os Camiños de Santiago como “Camiños de Europa”, nun acto conmemorativo polo 40º aniversario da adhesión de España á Unión Europea. O evento, titulado ‘Entrada de España na UE: un agardado reencontro entre Europa e o Camiño […]

today13 febrero, 2026

Actualidad

Elite e Consvial reformarán a escola infantil de Padrón cun orzamento de 789.000 euros

• A UTE formada polas empresas padronesa e madrileña presentou a oferta máis baixa e un prazo de execución de 6 meses • A Xunta de Goberno Local ratificará o vindeiro martes a proposta que fixo hoxe a mesa de contratación • Cinco firmas presentáronse á licitación promovida polo Concello Padrón. 13-2-2026.- A UTE formada pola empresa padronesa Elite e a madrileña Consvial será a encargada de construír a nova escola infantil de Padrón, segundo o acordo que hoxe tomou […]

today13 febrero, 2026

Comarca

A CIG denuncia pingueiras, frío e cheiros a fosa séptica no Centro de Saúde de Santa Comba

  A CIG-Saúde da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza convoca unha concentración para denunciar o estado de abandono, o 19 de febreiro ás 11:00 horas Santa Comba, 13 de febreiro de 2026.- A CIG-Saúde da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza vén de anunciar a convocatoria dunha concentración diante do Centro de Saúde de Santa Comba baixo o lema “Pola seguridade nos postos de traballo. Coa nosa saúde non se xoga”, en protesta polo grave deterioro que sofre, desde […]

today13 febrero, 2026

Comarca

Un coche golpea levemente a unha muller nun paso de peóns en O Milladoiro

Un vehículo golpeou de maneira leve a unha muller na mañá deste venres en O Milladoiro (Ames), nun suceso ocorrido arredor das 10:00 horas, xusto enfronte da sede da Policía Local. Segundo o relato recollido, o turismo excedeu lixeiramente o paso de peóns e, ao decatarse da presenza de viandantes, freou. Cando o condutor tentou dar marcha atrás para facilitar o paso, produciuse un pequeno impacto cunha señora que estaba cruzando. O golpe foi a moi baixa velocidade e de […]

today13 febrero, 2026

Actualidad

Padrón sostén a Escola Infantil con fondos propios e critica a falta de apoio da Xunta e á desinformación de PP e BNG

A nova escola infantil será unha realidade, como demostran o proceso de licitación en marcha e a celebración da Mesa de Contratación do 29 de xaneiro, á que se presentaron cinco empresas A Xunta de Galicia achega menos do 20 % do custo real da escola infantil, asumindo o Concello máis do 80 % do financiamento cando a competencia é autonómica “A escola infantil será digna do século XXI”: Anxo Arca confirma en Radio Líder Santiago a inminente adxudicación das […]

today12 febrero, 2026

Comarca

Pérez Barral propón crear nas Carolinas unha zona verde e estacionamento para a veciñanza

Recuperar o espazo das Carolinas e convertelo nunha zona verde pública con estacionamento gratuíto, co obxectivo de mellorar a calidade de vida da veciñanza e reforzar a actividade económica do barrio. Esa é a proposta que hoxe presentou o exalcalde e portavoz municipal do BNG, Luís Pérez Barral, quen a deu a coñecer acompañado polas concelleiras Antía Alberte, Veva Betanzos e polo responsable local Rafa Pazos. Hai arredor de quince anos, nesta zona do centro urbano había un espazo infantil […]

today12 febrero, 2026

Actualidad

Actos vandálicos deixan fóra de servizo o transporte adaptado municipal de Ames

Desde o Concello de Ames mostran a súa profunda preocupación e rexeitamento polos actos vandálicos que deixaron fóra de servizo o transporte adaptado municipal A interrupción deste servizo municipal supón unha grave afectación para persoas especialmente vulnerables, que non dispoñen de alternativas de mobilidade Ames, 12 de febreiro de 2026.- Infórmase de que por motivos alleos ao Concello de Ames hai que suspender ata novo aviso o servizo municipal de transporte adaptado. O autobús que presta dito servizo apareceu cun […]

today12 febrero, 2026

AD