Rianxo audita as luminarias LED tras detectar 250 puntos de luz sen funcionar
O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo Abuín, informou da posta en marcha dunha auditoría técnica das luminarias LED instaladas no municipio logo de detectarse múltiples fallos no sistema de alumeado público. No ano 2021 executouse un proxecto por importe de 757.649,40 euros co obxectivo de substituír o 60% das luminarias do termo municipal, especialmente nas parroquias de Araño, Taragoña, Asados, Isorna e Leiro. As antigas luminarias de vapor de sodio foron cambiadas por tecnoloxía LED coa finalidade de reducir o […]