AD

Política

1964 Resultados / Página 21 de 219

Fondo
AD

Comarca

Frades aproba un Orzamento de 2,66 M€ con prioridade en investimentos en educación e sanidade

O alcalde en funcións, Manuel Ferreiro, apunta que “este ano poderemos executar obras por preto de 2 millóns de euros, sempre que a Deputación acometa a senda peonil Gafoi-Aiazo” O Pleno municipal aprobou o Plan Único 2026, que destina 715.000 euros a obras e 279.000 euros a gasto corrente 6 de febreiro de 2026.- O Pleno de Frades aprobou os Orzamentos para 2026, que ascenden a 2.660.123,16 euros e medran un 6,46% con respecto ao ano 2025 (2.498.641,56 euros). Un […]

today8 febrero, 2026

Comarca

Arzúa organiza unha charla para familias sobre ocio nocturno e responsabilidades parentais

O Concello de Arzúa, a través da Concellería de Xuventude, organiza unha charla informativa dirixida a nais, pais e persoas titoras coa que se pretende poñer enriba da mesa preocupacións que están presentes no día a día das familias en relación coa saída nocturna dos seus fillos e fillas. A sesión celebrarase o xoves 12 de febreiro, ás 19:00 horas, na Casa de Correos, e contará coa participación de Martín Camba, da Policía Local de Santiago de Compostela, cunha ampla traxectoria profesional, […]

today8 febrero, 2026

Comarca

A Estrada habilitará unha área pública para o estacionamento de camións

A Estrada, 7 de febreiro de 2026.– O Concello da Estrada dará resposta a unha demanda histórica do sector do transporte coa creación dunha área pública de estacionamento para camións, que estará situada na explanada posterior da estación de autobuses. A nova dotación permitirá retirar os vehículos pesados das rúas nas que habitualmente estacionan e mellorar así a convivencia e a seguridade viaria no casco urbano. O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono, anunciou hoxe que xa se deron os […]

today7 febrero, 2026

Comercio

O Pino demostra a súa solidariedade na III Masterclass de zumba a prol de Acem

• Máis de 50 persoas do Pino e de concellos veciños desafiaron o temporal e acudiron disfrazadas ao pavillón de Lameiro • O éxito de convocatoria reafirma o compromiso da comarca co labor que desenvolve a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple O Pino. 7-2-2026.- A III Masterclass Solidaria de Zumba organizada polo Concello do Pino celebrouse este sábado no pavillón de Lameiro nun ambiente marcado pola participación, o compromiso social e o bo humor, a pesar das adversas condicións meteorolóxicas. […]

today7 febrero, 2026

Comarca

Un conductor herido tras salirse de la vía y chocar contra una farola en Ortoño (Ames)

Una persona resultó herida a primera hora de este martes tras un accidente de tráfico registrado en la parroquia de Ortoño, en el municipio de Ames. El siniestro se produjo alrededor de las 08.30 horas, cuando un turismo se salió de la vía y acabó colisionando contra una farola situada en la avenida José Luis Azcárraga, en el cruce con la rúa da Peregrina. El impacto obligó a movilizar a los servicios de emergencia y provocó retenciones puntuales en la […]

today6 febrero, 2026

Comarca

A Estrada repartirá preto de 6.000 euros en premios no concurso de disfraces

O Concello da Estrada aprobou hoxe as bases reguladoras do concurso de disfraces do Entroido, que se celebrará o vindeiro luns 16 de febreiro, cunha dotación económica total de 5.860 euros, unha contía que duplica a do pasado ano, cando se repartiran 2.860 euros. O incremento busca fomentar a participación e mellorar a vistosidade das comparsas e disfraces. Entre as principais novidades desta edición figura a incorporación de puntuacións máximas nos criterios de valoración, así como a concreción do premio […]

today5 febrero, 2026

Comarca

O Pino destina máis de 410.000 euros do POS+ á mellora de estradas municipais

• Vanse executar catro proxectos para mellorar estradas municipais en varias parroquias • No Plan complementario inclúese o reforzo do firme na saída da autovía de Salceda a Boavista cun orzamento de 97.788 euros • Aprobado o convenio con Touro e Boimorto para solicitarlle á Xunta un obradoiro dual de emprego para formar 20 alumnos en actividades auxiliares en conservación e mellora e montes O Pino. 4-2-2026.- O Pleno do Concello do Pino acordou destinar 410.281,67 euros executar obras dos […]

today4 febrero, 2026

Comarca

O POS+ permitirá a Brión reforzar servizos básicos e actuacións municipais

Investirá 106.000 euros do Plan Complementario na mellora do viario de Guitiande O Pleno aproba por unanimidade delegar no Concello de Ames a solicitude do obradoiro dual Renova Verde, en materia de xardinería 4 de febreiro de 2026.- O Pleno de Brión aprobou esta mañá, en sesión extraordinaria, a proposta da Alcaldía para o Plan Único de Concellos POS+ 2026 que destina os 698.441,47 euros a financiar gasto corrente. “Grazas ao POS podemos sacar adiante os principais proxectos e actuacións”, […]

today4 febrero, 2026

Comarca

Ames investirá máis de 1,5 millóns do POS+ en obras municipais e gasto corrente

O Pleno aprobou por maioría absoluta este mércores, 4 de febreiro, a participación do Concello de Ames no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concello) “POS+ 2026” da Deputación provincial da Coruña. O Concello de Ames vai destinar 1.148.543,37 euros para sufragar seis obras incluídas no POS principal e 400.000 euros para o financiamento de gasto corrente Ademais, dentro do plan complementario inclúense 21 proxectos. Algúns deste proxectos poderanse executar en función […]

today4 febrero, 2026

AD