AD

Política

1964 Resultados / Página 20 de 219

Fondo
AD

Comarca

Cheo total no obradoiro práctico de primeiros auxilios na infancia en Brión

10 de febreiro de 2026.- Un total de 30 veciños e veciñas de Brión participaron na tarde de onte luns no Obradoiro de primeiros auxilios na infancia, organizado polo Concello de Brión en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns. Un curso de catro horas de duración impartido por Carlos Prados Sande, diplomado universitario en Enfermería e FPUS 061 Galicia, quen explicou dun xeito práctico como actuar diante de feridas, hemorraxias, reaccións alérxicas, queimaduras, convulsións, crises epilépticas... en menores, […]

today10 febrero, 2026

Comarca

TGM Toldos Gómez e Queixería Barral reforzan o seu compromiso coa Festa do Queixo de Arzúa

Arzúa, 10 de febreiro – A Festa do Queixo de Arzúa dá un paso adiante no fortalecemento do seu modelo de colaboración co tecido empresarial local coa renovación e ampliación do patrocinio de TGM Toldos Gómez e Queixería Barral, que repiten e reforzan o seu compromiso asinando un acordo de dous anos como patrocinadores na categoría “Queixazo”. Esta renovación non só supón a continuidade do apoio, senón unha ampliación notable das achegas, tanto a nivel económico como en servizos e […]

today10 febrero, 2026

Comarca

Ames aproba a contratación do mantemento do alumeado público por preto de 620.000 euros

A prestación do servizo comprende o mantemento preventivo e o control da iluminación, o mantemento correctivo e o mantemento técnico legal As empresas interesadas terán ata o 16 de marzo para presentar as súas ofertas Ames, 10 de febreiro de 2026.- A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pasado xoves, 5 de febreiro, o expediente para a contratación do servizo de mantemento preventivo, correctivo e técnico legal do alumeado público do Concello de Ames. O orzamento base de […]

today10 febrero, 2026

Comarca

Arzúa impulsa “Camiños, lendas e memoria”, un paseo pola historia da vila

A Concellería de Turismo do Arzúa, dirixida por Begoña Balado, impulsa o proxecto “Camiños, lendas e memoria. Un paseo pola historia da nosa vila”, unha proposta de divulgación histórica e turística que se desenvolverá a través dun percorrido guiado polo casco urbano, concebido para achegar á cidadanía o coñecemento da historia local dun xeito próximo e accesible. A actividade terá lugar os días 25, 26 e 27 de marzo e contará coa participación do CEIP de Arzúa, o CPR Plurilingüe […]

today10 febrero, 2026

Actualidad

Macrooperativo policial en Teo e Padrón por un presunto caso de branqueo

Un amplo despregamento conxunto da Garda Civil e da Axencia Tributaria desenvolveuse desde primeiras horas deste luns no concello de Teo, onde se está a practicar un rexistro nun chalé situado na parroquia de Vilar de Calo, no marco dunha investigación xudicial que permanece baixo segredo. Segundo informan fontes próximas á investigación, as actuacións estarían vinculadas a un presunto delito de branqueo de capitais. No inmoble rexistrado foron detidas polo menos tres persoas, que residen na vivenda e que estarían […]

today9 febrero, 2026

Actualidad

“A escola infantil será digna do século XXI”: Anxo Arca confirma a inminente adxudicación das obras

O rexedor padronés fai balance do Nadal e de FITUR, avanza investimentos clave en infraestruturas, comercio e educación, defende o papel do deporte como motor económico e reivindica un Concello próximo, accesible e atento ás necesidades reais da veciñanza. O alcalde de Padrón, Anxo Arca, realizou en Radio Líder Santiago un amplo repaso á actualidade municipal, nunha entrevista marcada polo balance positivo do Nadal, a defensa da presenza do Concello en FITUR, os avances en materia de investimentos e a […]

today9 febrero, 2026

Comarca

Arzúa porá o nome de Xulio Vázquez Carril á Casa da Cultura

A iniciativa, presentada polo BNG, contou co apoio unánime da Corporación municipal Arzúa, 9 de febreiro de 2026. O Concello de Arzúa aprobou no pleno municipal a denominación da Casa da Cultura como Casa da Cultura Xulio Vázquez Carril – O Gaiteiro de San Miguel, en recoñecemento á súa traxectoria vital e á súa achega á música tradicional galega. A iniciativa, presentada polo grupo do BNG, recolle tamén a celebración dun acto público de homenaxe na primavera, e contou co apoio unánime […]

today9 febrero, 2026

Arte y Cultura

A 13ª edición do Noia Harp Fest celebrarase do 29 de xullo ao 1 de agosto

O evento cultural, referente no mundo da arpa, reúne cada verán na localidade coruñesa ás intérpretes máis recoñecidas do instrumento a nivel internacional Noia, 9 de febreiro de 2026.- O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia celebrará a súa décimo terceira edición do 29 de xullo ao 1 de agosto deste 2026. O evento cultural regresará este verán ás rúas e recintos singulares da localidade coruñesa para descubrir ao público novas sonoridades e propostas artísticas chegadas tanto de Galicia […]

today9 febrero, 2026

Comarca

Mercamelide regresa o 21 e 22 de febreiro con preto de 30 comercios participantes

O Mercamelide de inverno volverá converter a vila de Melide nun gran escaparate comercial durante a fin de semana do 21 e 22 de febreiro, cunha edición que chega con forza ao duplicar o número de establecementos participantes, ata acadar case 30 comercios locais. A presentación oficial do evento tivo lugar coa presenza do alcalde, José Manuel Pérez, do concelleiro de Comercio, Xosé Igrexas, así como de representantes do comercio da localidade, que deron a coñecer o cartel anunciador desta […]

today9 febrero, 2026

AD