Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today11 julio, 2026
Os catro ocupantes dun vehículo, dous adultos e dous menores, resultaron feridos na noite do venres tras saírse da vía o vehículo no que viaxaban ao seu paso por Santa Comba, á altura de As Caselas. Con todo, ningún dos feridos asemellaba revestir gravidade. Todos eles foron trasladados ao Centro de Saúde da localidade.
Un dos ocupantes do vehículo sinistrado foi quen ao fío das dúas e media da pasada madrugada chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que se saíran da vía e que bateran contra un muro, por iso, solicitaba asistencia sanitaria para os catro ocupantes que recalcaba que todos eles estaban fóra do turismo.
Desde o 112 Galicia pasouse aviso decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Trafico e aos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil. Igualmente foron informados os Bombeiros de Santa Comba.
Así, unha vez no punto, os efectivos de Protección Civil indicaron que os catro ocupantes do vehículo, entre eles ídous menores, foran trasladados ao PAC de Santa Comba.
Escrito por Líder Redacción




2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)