Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today29 noviembre, 2024
Os mozos e mozas de Santiago poderán elixir o destino de 100.000 euros do orzamento da Concellaría de Xuventude para 2025, nunha nova edición dos Orzamentos Participativos “Compostela Decide”. O proceso xa está en marcha, coa celebración dos primeiros obradoiros nos centros educativos para explicar o procedemento e animar á participación.
O IES Xelmírez I acolleu esta mañá o primeiro dos obradoiros formativos dos Orzamentos Participativos “Compostela Decide”. As sesións desenvolveránse ao longo das próximas semanas noutros centros de ensino secundario de Santiago, así como na Universidade. Desta maneira, comeza tamén a fase de recollida de propostas, que se prolongará ata o mes de febreiro, e para a que se habilitará unha plataforma online nas vindeiras semanas.
Hoxe, 28 de novembro comezan os obradoiros presenciais en IES, cunha primeira acción no Xelmírez I, e posteriormente noutros centros. Xa están pechados obradoiros no Rosalía de Castro (9 decembro), e no IES do Sar (xaneiro), e se ampliará a outros centros.
Tamén haberá puntos de votación na universidade, co tecido asociativo e na rúa.
Ademais, nos próximos días se habilitará a plataforma web para que calquera persoa poida facer propostas.
A fase de votación das propostas desenvolveráse nos meses de febreiro e marzo. Poderán votar os mozos e mozas nacidos entre 1995 e 2009, a través da plataforma online ou de maneira presencial nos puntos que se habilitarán para ese efecto.
No proceso Compostela Decide vaise definir o destino de 100.000 euros dos orzamentos para actividades do departamento de Xuventude. As propostas terán un orzamento máximo de 15.000 euros, e deberán estar dirixidas á mocidade, ter interese xeral, e seren viables técnicamente.
Nos Orzamentos Participativos de Mocidade do ano 2024, foron máis de mil os mozos e mozas que participaron na votación na que se seleccionaron dez propostas, todas elas xa executadas, entre as 280 presentadas.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)