Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today16 febrero, 2024
16/02/2024 A Concellaría de Proxectos e Obras realizou diversas xestións nos últimos meses para a retirada do cableado no barrio de Vista Alegre, un proceso que vén de iniciarse na rúa Boiro e que continuará nas próximas semanas.
Desde o Concello de Santiago solicítase a colaboración da veciñanza para que requira a migración dos servizos das distintas compañías de telefonía de cobre ás novas redes de fibra óptica, para que poidan axilizar a retirada do cableado das fachadas ao quedaren sen uso as antigas e co obxectivo de non deixar sen servizo a clientela afectada.
O Proxecto de mellora da mobilidade e accesibilidade no barrio de Vista Alegre executado polo Concello na área comprendida entre as rúas Boiro e avenida Castelao (Eixo norte-sur) e as rúas Vista Alegre e Bispo Diego Peláez (Eixo este-oeste) incluíu a execución de infraestrutura subterránea de telecomunicacións para permitir o soterramento das redes actualmente aéreas. Esta infraestrutura recibiu o visto bo das principais compañías operadoras na zona (Telefónica e R) durante o proceso de redacción e aprobación do proxecto. Este proxecto realizouse en tres fases de actuación, concluíndo a súa execución en data 30/10/2017.
En paralelo a este proxecto, acometéronse obras de rehabilitación e instalación de ascensor nun elevado número de inmobles da área de actuación, obras de rehabilitación que incluían a instalación de conducións interiores para a distribución de instalacións de telecomunicacións.
Cando remataron estas actuacións, recibíronse numerosas queixas da veciñanza polo estado de conservación dos diferentes tendidos aéreos de telefonía existentes no barrio, manifestando que nalgúns casos impedían o acceso aos portais ou a apertura de ventás para ventilación. Isto motivou unha inspección por parte dos servizos municipais para a retirada deste cableado que leva desde 2017 e, coas xestións realizadas nestes últimos meses, comeza a executarse.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)