Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Este sábado, 16 de decembro, pecharase ao tráfico a rúa de Bonaval, entre as 09:00 h e as 13:00 h aproximadamente, por mor da instalación dun camión con guindastre para unha obra de carácter particular.
Transporte urbano
Por este motivo, as liñas que circulan pola zona terán os seguintes desvíos:
Entre as 9:00 e as 13:00:
*Liñas 9, 13 e C5: desviaranse continuando por avda. Rodríguez de Viguri, Anxo Casal, Xoán XXIII e San Roque, retomando a partir de ahí o seu itinerario habitual. Quedarán suprimidas as paradas (196) Rodríguez de Viguri, acceso Concheiros, (220) Cruceiro de San Pedro, (154) Campo da Angustia, (557) San Domingos de Bonaval e (639) Valle Inclán La Salle.
Todas as paradas do transporte urbano no percorrido de desvío serán paradas alternativas a realizar polas liñas a demanda de usuarios.
O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)