AD

Actualidad

Detectados 11 novos focos de enfermidade hemorráxica nas catro provincias galegas

today16 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD

A Xunta vén de declarar 11 novos focos de Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) en Galicia, noutras tantas comarcas veterinarias de Galicia. En concreto, son cinco novos focos de EHE na provincia da Coruña, nos concellos de Aranga (comarca veterinaria de Teixeiro), Arzúa (comarca veterinaria de Arzúa), Cerdido (comarca veterinaria de Ortegal), Santiago (comarca veterinaria de Santiago) e Santiso (comarca veterinaria de Terra de Melide). Tres novos focos na provincia de Lugo, nos concellos de Ourol (comarca veterinaria da Mariña Occidental), en Baralla (comarca veterinaria dos Ancares) e Antas de Ulla, (comarca veterinaria da Ulloa); dous novos focos na provincia de Ourense, nos concellos de Melón (comarca veterinaria de Ribadavia) e en Vilar de Barrio (comarca veterinaria da Limia); e un en Pontevedra, no concello da Estrada (comarca veterinaria de Tabeirós Terra de Montes).

Cos 11 focos declarados, son 29 as comarcas veterinarias nas que se teñen notificado focos de EHE en Galicia. A EHE é unha enfermidade infecciosa pero non contaxiosa producida por un virus que se transmite aos animais exclusivamente a través da picadura de mosquitos do xénero Culicoides,spp.

Dada a vía de transmisión, esta enfermidade aparece mentres exista o mosquito vector circulando no ambiente. Polo tanto, existe un período de posible afectación dos animais (aproximadamente de abril a decembro) e outro, nos meses de inverno, nos que ao no existir circulación do vector, non existe posibilidade de infección nos animais.

A única vía de contaxio nos animais é a través da picadura dos mosquitos transmisores, polo que non é posible a transmisión directa ou indirecta entre eles. Ademais, cómpre aclarar que esta doenza non afecta ás persoas, nin pola picadura do mosquito transmisor, nin por contacto con animais infectados, nin polo consumo de produtos de orixe animal (carne, leite…) destes animais.

Afectación ao gando

Así mesmo, cabe salientar que a EHE afecta especialmente a ruminantes silvestres, fundamentalmente cervos, tamén corzos ou gamos. No gando doméstico só o gando bovino resulta afectado coa aparición de síntomas nalgúns animais. O gando ovino pode tamén infectarse pero non aparece sintomatoloxía, mentres que o gando cabrún non é sensible a esta enfermidade.

No gando vacún pode presentarse clínica moderada, con febre, perda de apetito, edema facial, secreción ocular e/ou nasal, salivación, dificultade respiratoria, eritema ou descamación en boca e nariz, coxeira ou eritema do ubre, síntomas que normalmente desaparecen en aproximadamente dúas semanas. En canto ao gando ovino e cabrún, non hai constancia de enfermidade clínica nos animais.

Ademais, cómpre sinalar que non existe vacina nin tratamento curativo específico fronte ao virus da EHE. Por iso, as medidas preventivas posibles a tomar respecto a esta enfermidade van encamiñadas a evitar o contacto dos animais co mosquito vector, en concreto:

– Evitar a existencia de posibles zonas de cría do mosquito transmisor nas explotacións, fundamentalmente zonas con materia orgánica húmida ou lama, zonas de elección para a cría para estes mosquitos.

– Utilizar preventivamente desinsectantes ou repelentes nas instalacións, nos medios de transporte ou nos animais, nos casos que se considere oportuno.

– No caso de detectar animais con sintomatoloxía compatible coa enfermidade, tanto bovinos como cérvidos silvestres, debe comunicarse esta circunstancia de xeito inmediato aos servizos veterinarios oficiais da Consellería do Medio Rural.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%