Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O Hórreo da Miguensa, ou do Arco, data de mediados do século XVIII e está considerado un exemplar único en Galicia por estar asentado sobre unha grande estrutura de pedra, cun arco de medio punto na metade.
Dodro, 13 de xaneiro do 2024 – O concello de Dodro ven de limpar, segundo o plan de conservación preestablecido, o Hórreo da Miguensa e o seu contorno.
Situado na aldea de Castro está datado a mediados do século XVIII. Está considerado un exemplar único en Galicia por asentarse nunha base de pedra no medio da que se sitúa un arco de medio punto. Este arco, chamado de campanel polos canteiros da zona, da acceso ao patio da vivenda.
Ten cuberta a dúas augas con tella curva e un entramado de madeira. A súa particular configuración servía de parapeto defensivo á vivenda. A finais do ano 2020 o Hórreo foi restaurado e agora existe un plan de conservación e limpeza para o seu mantemento.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)