AD

Arte y Cultura

Dodro organiza un concurso de fotografía antiga

today9 noviembre, 2023

Background
share close
AD
  • As imaxes gañadoras servirán para confeccionar o calendario 2024 editado polo concello. O obxectivo e recuperar vellas fotografías de Dodro.

Dodro, 09 de novembro do 2023.- O concello de Dodro pon en marcha o concurso defotografía “Calendario Municipal 2024” co obxectivo de recuperar imaxes antigas do municipio.

A intención é que os concursantes recuperen antigas imaxes do concello que poidan estar nas casas e por e valor o patrimonio cultural, histórico, natural e paisaxístico de Dodro. De estasfotografías seleccionaranse 12 para o calendario anual que edita o concello.

Poderán participar todas as persoas, maiores de 18 anos, que o desexen. Cada participante poderá presentar un máximo de 3 fotografías. O formato será apaisado, en branco e negro ou sepia e enviaranse nomeadas cun título ou frase que as describa.

Os participantes enviarán as imaxes ao correo info@dodro.gal seguindo as indicacións das bases. As persoas que non dispoñan de medios electrónicos poderán empregar o equipamento da aula de informática municipal da Casa da Cultura para a dixitalización e presentación das imaxes e documentos precisos.

O prazo de presentación de imaxes rematará o vindeiro 24 de novembro. O xurado estará formado por representantes municipais, técnicos da área de cultura e un profesional da fotografía, publicidade ou xornalismo. Os gañadores recibirán como premio cinco exemplares do calendario que se edite.

As bases do concurso “Calendario Municipal 2024” estarán publicadas na web municipal e incluirán a folla de inscrición.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%