AD

Actualidad

Dodro reforza os servizos sociais

today10 enero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

O concello incorpora a unha traballadora social que se suma á que substitúe á titular, que se atopa de baixa; crea unha bolsa de traballo temporal para o SAF e agarda cubrir a praza de educadora familiar.

Dodro, 10 de xaneiro do 2024 – O concello de Dodro reforza o persoal municipal de servizos sociais ao tempo que traballa na mellora do servizo de axuda no fogar e o de educadora familiar. O alcalde, Xabier Castro, explica que é unha das prioridades do seu goberno “os servizos sociais, xa sexan como axuda directa no concello ou con servizos como o de axuda a domicilio, son sempre unha prioridade e traballamos para que funcionen do mellor xeito posible”.

Hoxe mesmo a xunta de goberno local aprobou a creación dunha bolsa de traballo temporal destinada a cubrir as posibles baixas do servizo de axuda ao fogar. Por outra banda o concello agarda tamén que se acelere o proceso de consolidación laboral que se iniciou hai meses para cubrir a vacante de educadora familiar.

Nas últimas semanas os servizos sociais do concello víronse afectados pola baixa da funcionaria titular e unha segunda baixa da substituta. Esta segunda baixa foi xa cuberta e esta semana incorporouse unha traballadora máis que reforza esta área tan importante.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%