AD

Comarca

Dúas persoas feridas nun accidente na AC-543, en Rois

today2 mayo, 2025

Fondo
share close
AD

Dúas persoas resultaron feridas este venres nun accidente de tráfico ocorrido na estrada AC-543, á altura do punto quilométrico 20, no lugar de Martelo, no concello de Rois. O sinistro consistiu nun choque fronto-lateral entre dous vehículos, cuxos condutores foron trasladados a un hospital de referencia para ser atendidos das lesións.

Ata o lugar desprazáronse dúas ambulancias do 061, axentes da Garda Civil de Tráfico e efectivos de Protección Civil de Rois, que colaboraron nas labores de atención e seguridade viaria. As causas do accidente están a ser investigadas.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *