Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today13 diciembre, 2023
Teo (A Coruña), 13 de decembro de 2023.- A alcaldesa do Concello de Teo, Lucía Calvo de la Uz, recibiu a doazón de material para o Servizo Municipal de Emerxencias da man da empresa local Fuego y Mar, formación integral. Na recepción deste material tamén estiveron o concelleiro de Relacións Veciñais, Juan Cerqueiro, e unha representación dos traballadores de Protección Civil e da Policía Local.
Así, a alcaldesa agradeceu este xesto por parte da compañía local, que doou un total de seis cascos e 12 traxes de parque (dous para cada traballador). Desta forma, os integrantes do servizo terán nova indumentaria para realizar os seus labores con todas as garantías e seguridade.
Neste senso, a rexedora trasladou a importancia de renovar os equipos de protección individual e, salientou, que o Consistorio mantivo diversas xuntanzas co persoal de emerxencias para coñecer de primeira man as súas necesidades e demandas, co fin de mellorar o desempeño das súas funcións.
Actualmente, este dispositivo conta con 6 persoas contratadas que se encargan de manter o servizo operativo. Estes traballadores coordínanse con outras 18 persoas, de carácter voluntario, coas que conta a agrupación, sumando un conxunto de 25 efectivos no concello de Teo.
Empresa local
Aproveitando a ocasión, a alcaldesa visitou as instalacións de Fuego y Mar e interesouse polos distintos servizos que ofrece esta compañía. Da man do seu fundador Pedro Pablo Gutiérrez, a rexedora coñeceu o seu funcionamento e puxo en valor o despregue técnico e material do que dispón a empresa, ademais da formación teórico-práctica que imparte.
Neste senso, cabe destacar que a dita compañía desenvolve cursos de formación específicos para a mellora da capacitación profesional en ámbitos tan diversos como o marítimo, sanitario, industrial ou forestal, entre outros.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)