AD

Actualidad

Entrega masiva de alegacións contra o vertedoiro de Niveiro (Val do Dubra)

today14 febrero, 2025

Fondo
share close
AD

Este venres 14 de febreiro tivo lugar en Santiago de Compostela a entrega masiva de alegacións contra o proxecto do vertedoiro de Niveiro, en Val do Dubra. Máis de 900 alegacións foron presentadas no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, ás que se sumarán as que cheguen por vía telemática ou directamente dos concellos afectados.

A oposición veciñal contra este tipo de proxectos tamén é evidente en Niveiro, no concello de Val do Dubra, onde unha antiga canteira que xa fora rexenerada podería converterse nun novo vertedoiro. Este caso tamén foi abordado recentemente en Radio Líder Santiago, onde diferentes voces expresaron a súa preocupación polo impacto ambiental e social que suporía esta transformación. Podes escoitar máis detalles aquí.

Como parte desta mobilización, este sábado 15 de febreiro, ás 20:00 horas, celebrarase unha mesa redonda na Casa da Cultura de Bembibre (Val do Dubra). O encontro contará coa participación de representantes de diversas plataformas que levan anos loitando contra proxectos similares en Galicia:

  • Casalonga Limpa de Residuos, que combate o vertedoiro de Casalonga en Teo.
  • Afectados polo vertedoiro de Lesta, en Ordes.
  • Afectados polo vertedoiro de Miramontes, en Santiago de Compostela.

A xuntanza servirá para informar á veciñanza e coordinar novas accións de protesta. Os organizadores fan un chamamento á participación cidadá para frear o que consideran «un negocio para uns poucos e unha aberración para moitas persoas».

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *