Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Os servizos sanitarios nada puideron facer pola súa vida.
Minutos antes das 19:30 horas deste xoves, un particular chamou ao 112 Galicia para alertar de que un camioneiro acababa de caer desde a tremoia do vehículo, nun polígono industrial situado en Taboada, Silleda. Desde os primeiros momentos, o alertador sinalaba que a persoa podía estar falecida.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e da Policía Local de Silleda.
Unha vez no punto, os equipos de emerxencias só puideron confirmar o falecemento da persoa.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)