AD

Actualidad

Gonzalo Muíños reclama o asfaltado de dúas rúas: Sarela de Abaixo e o Limpadoiro en Angrois

today28 octubre, 2024

Background
share close
AD

 

  • Os socialistas veñen de rexistrar dúas iniciativas para instar ao executivo de Sanmartín a acometer o adecentamento dos dous viarios, lembrando que no caso de Angrois, este fora comprometido pola propia alcaldesa hai un ano
  • Tamén a veciñanza da rúa Sarela de Abaixo realizou unha recollida de sinaturas para instar a Raxoi a acometer a rexeneración asfáltica da mesma

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2024. O estado das rúas de Compostela será novamente motivo de debate plenario na sesión ordinaria do próximo xoves. O Grupo Municipal Socialista vén de rexistrar dúas iniciativas para instar ao goberno local a executar o asfaltado da rúa do Sarela de Abaixo, no tramo máis próximo a Figueiras, e da rúa do Limpadoiro, en Angrois.

Dúas actuación “prioritarias” segundo explicou o portavoz socialista, Gonzalo Muíños, dado o estado “lamentable” no que se atopan na actualidade con “grandes fochancas” que “seguirán deteriorándose, de non poñerlle remedio, coas intensas choivas do inverno”. Sobre as actuacións na rúa do Limpadoiro, en Angrois, os socialistas lembran que esta actuación fora comprometida xa en setembro do 2023 pola alcaldesa, nunha xuntanza coa veciñanza da zona. Tamén no pasado mes de xullo, membros da asociación veciñal mantiveron novamente unha xuntanza co concelleiro de obras para solicitarlle o asfaltado urxente desta rúa, explica Muíños, “cuxo estado tense deteriorado moito nos últimos meses”.

Así as cousas, Muíños interpelará directamente ao concelleiro responsable para que execute o asfaltado comprometido nesta rúa a través dun rogo que formulará no pleno da Corporación, insistindo no imperativo de realizalo “na maior brevidade posible, antes de que chegue o peor do inverno”.

Recollida de firmas para o asfaltado de Sarela de Abaixo

Sobre o estado no que se atopa a rúa do Sarela de Abaixo, sobre todo no tramo máis próximo a Figueiras, Muíños explicou que este foi motivo incluso dunha recollida de firmas por parte da veciñanza da zona. O edil socialista fai súas as reclamacións das veciñas e veciñas polo estado no que se atopa a estrada e reclamará o asfaltado integral da mesma.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%