Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today24 octubre, 2024
O venres ás 20:45 horas, o Monbus Obradoiro visita ao UEMC Real Valladolid no Polideportivo Pisuerga para disputar a quinta xornada de Primeira FEB.
Os composteláns chegan ao partido logo de gañar un dos catro primeiros encontros de liga fronte a Naturavia Morón. Xusto coa mesma dinámica chegan os pucelanos, que venceron a HLA Alicante na primeira xornada do campionato.
O partido poderá ser seguido en directo a través de La Liga Plus.
O equipo dirixido por Gonzalo Rodríguez chega con todos os efectivos dispoñibles, aínda que pendentes de dous percances físicos. “Nacho Varela tivo unha contusión moi forte no xeonllo que lle impediu traballar con normalidade, pero afortunadamente as probas descartaron calquera lesión meniscal. Pola súa parte, a Galán foiselle un pouquiño o ombro cara atrás e tamén está un pouco molesto. Hoxe adestraremos e veremos que podemos facer. A priori son golpes, non hai nada preocupante.”
Respecto á derrota do último partido, afirma que “estamos moi animados. Hai poucas certezas na vida, pero sí diría con certeza que estamos no camiño correcto, que estamos a facer as cousas ben, que podemos facelas mellor e que podemos xogar moito mellor en defensa e en ataque. Despois do outro día, a pesar de ter perdido o partido, todos temos un pouco a sensación de que imos no camiño correcto.”
O rival chega con varias baixas no xogo interior, o que “lles condiciona un pouco no sentido de que o seu cinco xoga moito tempo. Nós preparámos o partido con dous escenarios: cando xoga un cinco puro ou cando pasan a xogar co cinco xogadores que non o son, como xa fixeron noutras ocasións. Pola contra, teñen moi bos tiradores nas alas. Imos intentar frear eses puntos fortes e aproveitar os débiles.”
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)