AD

Actualidad

Herbón repartirá este sábado unhas 3.500 racións na XLIV Festa do Pemento

today2 agosto, 2024

Background
share close
AD
  • Alberto Félix Traversa Correa, co-edirector da revista La Alacena Roja, será o pregoeiro desta edición
  • A celebración, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, contará un ano máis co desfile de tractores, a visita ao Concello de Padrón e a ofrenda floral á estatua da pementeira

Padrón. 02-08-2024.- Herbón repartirá uns 1.500 quilos e 3.500 racións na XLIV Festa do Pemento que se celebra este sábado 3 de agosto. Este evento, recoñecido como Festa de Galicia de Interese Turístico, honra aos famosos pementos de Padrón, un auténtico tesouro da gastronomía galega.

Os actos darán comezo ás 9:00 horas coa saída do pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Os Mersenarios e da charanga Noroeste. Ás 10:30 horas celebrarase unha misa campestre, que será seguida pola bendición e inauguración oficial da festa ás 11:00 horas. Media hora despois terá lugar a tradicional procesión agrícola motorizada, onde os tractores, numerados e decorados para a ocasión, desfilarán ata Padrón, onde entregarán un cesto de pementos ao alcalde, Anxo Arca, no concello e realizarán unha ofrenda floral á estatua da pementeira.

A celebración continuará ás 13:30 horas coa exaltación dos pementos de Padrón, un produto único e incomparable. Alberto Félix Traversa Correa, co-edirector da revista especializada La Alacena Roja, será o encargado de ler un pregón exaltando non só o valor gastronómico deste produto, senón tamén a súa relevancia cultural e histórica para a comarca.

Despois do pregón, terá lugar a entrega de premios aos tractores participantes na procesión, nun acto presentado por Héctor Bermúdez de Radio Valga. A continuación, todos os presentes poderán probar os deliciosos pementos de Herbón, cun total de 1500 quilos que se repartirán en aproximadamente 3500 racións. Para degustalos, as persoas asistentes deben comprar previamente un prato de barro de Buño conmemorativo da festa a un prezo de 5 euros. Tamén haberá unha polbeira na carballeira para aquelas persoas que o desexen.

A festa continuará todo do día cunha romaría animada tamén polo grupo Os Mersenarios e a charanga Noroeste.

A Festa do Pemento de Herbón é unha excelente oportunidade para gozar dun produto de excelencia, que conta con Denominación de Orixe Protexida, nun ambiente festivo e acolledor.

 

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%