Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today26 febrero, 2024
26/02/2024 O Parque Infantil de Tráfico instalado pola Policía Local en Amio recibirá nestes días a visita de máis de 1200 alumnos e alumnas de 25 colexios de Santiago. O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Xan Duro, achegouse esta mañá ata o recinto feiral, onde coincidiu co alumnado do CEIP Rodríguez Xixirei da Lavacolla. O edil salientou «o importante traballo que desenvolve o departamento de Educación Viaria da Policía Local, mostrando cales deben ser as prácticas seguras como péons e como conductores e conductoras».
O parque infantil de tráfico complementa a formación teórica que o alumnado recibe tanto nas súas propias aulas coma no recinto feiral de Amio, para empezar a coñecer os sinais de tráfico e as normas de comportamento de peóns, ciclistas ou, nun futuro, conductores e conductoras. Para iso, o departamento de Educación Viaria da Policía Local organiza un circuíto que simula unha cidade, na que os nenos e nenas deben moverse camiñando, en bicicleta ou en karts a pedais para saberen como teñen que actuar para evitar accidentes de tráfico.
O parque infantil de tráfico é unha das moitas accións que impulsa ao longo de todo o curso o Departamento de Educación Viaria da Policía Local dirixidas a alumnado tanto de Primaria como de Secundaria e Bacharelato. Estas actividades chegan cada curso a uns 4500 rapaces e rapazas de Santiago.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)