AD

Comarca

Máis de 267.000 euros para a mellora de pistas nas parroquias de Arzúa

today18 junio, 2026

Fondo
share close
AD

O Concello ten na actualidade en fase de contratación tres actuacións en Guldrís, Burres e A Pena-Faraldo

16 de xuño de 2026. O Concello de Arzúa ten actualmente en fase de contratación tres actuacións de mellora viaria en diferentes parroquias do municipio, cun investimento total de 267.177,48 euros, IVE incluído. As obras permitirán mellorar a seguridade, a mobilidade e os servizos en Guldrís, Burres e A Pena-Faraldo.

As actuacións previstas corresponden á mellora do vial en Guldrís, cun orzamento de 92.737,03 euros; ao reforzo do firme nos viarios AC-240 a N-547 en Burres e A Pena-Faraldo, cun investimento de 75.164,95 euros; e á mellora do viario da Igrexa de Burres, cun orzamento de 99.275,50 euros.

No caso de Guldrís, a actuación inclúe a ampliación da plataforma da vía ata un ancho mínimo de 4,5 metros, a renovación integral do pavimento e a execución de novas canalizacións para a recollida de augas pluviais. O proxecto contempla tamén a renovación dunha parte da rede de abastecemento, a canalización para futuras instalacións de alumeado e a reposición dos muros afectados polas obras.

En Burres e no viario da Pena-Faraldo, os traballos centraranse principalmente no reforzo do firme mediante a extensión de novas capas de aglomerado, así como na mellora da drenaxe e da sinalización viaria, co obxectivo de incrementar a seguridade e prolongar a vida útil destas infraestruturas.

Pola súa banda, a actuación no entorno da Igrexa de Burres inclúe a mellora da pista existente, así como a instalación dunha fonte ornamental e a renovación do peche mediante valado de madeira.

Os tres proxectos atópanse actualmente en fase de contratación, como paso previo á súa execución. Desde o Concello de Arzúa manterase informada a veciñanza sobre o avance destas actuacións.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *