AD

Actualidad

Máis de 600 persoas participan na primeira xornada de “Volta ao cole co comercio” no Milladoiro

today5 septiembre, 2024

Fondo
share close
AD
    • A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, sinala que “un ano máis, a proposta de Volta ao cole co comercio está a ser un éxito. No Milladoiro houbo unha gran participación de familias o que indica que esta iniciativa esta funcionando ben. Este programa serve para que os nenos e nenas se divirtan, pero tamén para aliviar o peso económico que supón para os pais e nais o comezo dun novo curso escolar e para dinamizar o noso comercio. Tratamos de facilitarlles as compras ás familias no comercio con todos os vales que ofrecemos, en colaboración con XEA”
    • A concelleira de Mocidade, Carmen Porto, afirma que “este é o segundo ano que o departamento de Mocidade se adhire á iniciativa de Volta ao cole co comercio, e a valoración é moi positiva. O inicio do curso escolar supón para as familias un gran desembolso económico, e deste xeito axudamos aos pais e nais, á vez que dinamizamos as rúas e ofrecemos unha alternativa de ocio para a xuventude”

Ames, 5 de setembro de 2024.– A Concellaría de Promoción Económica, en colaboración coas Concellerías de Mocidade e Benestar Social, e coa Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), desenvolve por terceiro ano consecutivo as xornadas “Volta ao cole co comercio”, unha iniciativa que ten como obxectivo dinamizar o comercio e a hostalaría local de cara ao inicio do curso lectivo. A primeira xornada realizouse este pasado mércores, 4 de setembro, na área verde próxima á Travesía do Porto, por onde pasaron máis de 600 persoas ao longo da tarde. A segunda xornada estaba prevista para este venres, 6 de setembro, en Bertamiráns, pero vaise adiar ao venres 13 de setembro, por mor da previsión meteorolóxica.

A área verde da Travesía do Porto, no Milladoiro, acolleu este pasado mércores, 4 de setembro, a primeira xornada do programa “Volta ao cole co comercio”, que organiza por terceira vez a Concellaría de Promoción Económica coa colaboración con XEA. Nesta ocasión, o evento contou coa colaboración das Concellaría de Mocidade e Benestar Social, así como co patrocinio da empresa de telecomunicacións Evoa Redes SL.

En dita xornada participaron máis de 600 persoas. A través desta iniciativa ofreceuse unha tarde chea de actividades para amenizar os preparativos da volta aos centros de ensino, fomentando á vez o comercio e a hostalaría do Milladoiro.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, sinala que “un ano máis, a proposta de Volta ao cole co comercio está a ser un éxito. No Milladoiro houbo unha gran participación de familias o que indica que esta iniciativa esta funcionando ben. Este programa serve para que os nenos e nenas se divirtan, pero tamén para aliviar o peso económico que supón para os pais e nais o comezo dun novo curso escolar e para dinamizar o noso comercio. Tratamos de facilitarlles as compras ás familias no comercio con todos os vales que ofrecemos, en colaboración con XEA”.

A concelleira de Mocidade, Carmen Porto, afirma que “este é o segundo ano que o departamento de Mocidade se adhire á iniciativa de Volta ao cole co comercio, e a valoración é moi positiva. O inicio do curso escolar supón para as familias un gran desembolso económico, e deste xeito axudamos aos pais e nais, á vez que dinamizamos as rúas e ofrecemos unha alternativa de ocio para a xuventude”.

Inchables, xogos e holi party

Os nenos e nenas de 3 anos en diante puideron saltar en diferentes inchables e participaron en distintos xogos do mundo, que estiveron dirixidos a todos os membros da familia. As actividades pecháronse cunha holi party, unha festa de pos de cores, na que participaron todos os rapaces e rapazas que acudiron a esta xornada, e incluso, se sumaron mozos e mozas que estaban na contorna, e pais e nais dos/as nenos/as.

Ademais, ao longo da tarde, os nenos e nenas puideron encher cos seus datos os boletos para participar no sorteo de vales de compra para diversas librerías e papelerías e vales do Concello, así como vales de compra cortesía da Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA). O sorteo realizouse ás 20.00 horas despois da holi party.

A empresa de telecomunicacións Evoa Redes SL contou cun stand, polo que pasaron numerosas persoas, para informarse dos servizos que ofrece esta compañía galega.

Xornada de Volta o cole en Bertamiráns

A segunda xornada do programa Volta ao Cole co comercio, que estaba prevista para este venres, 6 de setembro, en Bertamiráns, vaise adiar ao venres 13 de setembro, por mor da previsión meteorolóxica.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%